Ben, como retificar é de sabios, eiquí vai a miña retificación: o Concello SI avisou os feirantes a pasada semá (polo menos ós que estiveron no feirón) de que esta semá non podían poñer os seus postos nas rúas Betanzos e Couceiro Freijomil e na praza do Conde.
sábado, 1 de diciembre de 2007
-¿Regulación do feirón drástica?-
Sábado un tanto extraño. De todos é sabido que a Praza do Conde estanna a amañar (a ver se definitivamente), co cal, os postos do feirón non poden montar alí.
Dende primeira hora da mañá xa houbo xaleo, e con razón, por parte dos feirantes, xa que o Concello non lles avisou de que este sábado non podían motar os seus postos na Praza do Conde e nas rúas Betanzos e Couceiro Freijomil.
A alameda era a solución do Concello, pero non a dos feirantes, xa que de sabelo, algúns deles non virían hoxe debido á mala experiencia que tiveron a anterior vez que alí os situaron. A estas horas non vos podo decir se montaron na alameda ou non, pero, as pintas que tiñan ás 11 da mañá, era de non montar.
En fin, eu a pedir a regulación do feirón e o Concello a regular como lle dá a gana sen previo aviso...
¿Irregulación do feirón xa? (o deste pobo segue a ser de tolos).
sábado, 24 de noviembre de 2007
-Sobor dun video no Youtube-
Onte, de visita polo Youtube, atopei isto. Non sei quen o fixo, nin quero sabelo, pero creo que está a sacar de contexto o post anterior.
Creo que non dixen nada sobor do pirateo de cd's, senon do fraude que está a facer o Concello ó cobrarlles por poñer o seu posto. É fácil sacar de contexto o que un dí, pero bueno... pra iso estamos eiquí, para ¿rebatir?
Cada quen que faga o que lle pete á hora de mercar música. Na miña miserable opinión, a culpa de que se venda tan "pouca" música, non é do pirateo. Os verdadeiros piratas son os que están derredor da grabación dun disco, porque, a grabación completa e posterior maquetación, lles sae a 2 ou 3 euros a unidade... ¡e o venden a 20!, de tódalas maneiras, eiquí vai un artigo que me pasaron fai tempo sobre a SGAE... Pola boca morre o peixe.
MANIFIESTO EN APOYO A LA PIRATERÍA (¡sí!, ¿qué pasa?)
Dada la mierda que nos escupe diariamente la tele, radio, prensa y demás medios de comunicación, un grupo de disidentes hemos elaborado este manifiesto a favor (sí, A FAVOR) de la piratería. Si te mola, pásalo. Si prefieres creerte las mentiras de la industria, haz con él lo que te salga del arco del triunfo.
El currante medio, aplastado por la hipoteca, la precariedad laboral, los horarios DE MIERDA y otros abusos sociales, como la caña de cerveza a 2 putos Euros. Ese músico mediático que se duele detrás de unas gafas de sol en la Moncloa, forrado de pasta hasta los pendientes. Tiene cojones ir de rebelde por la vida y terminar en las escaleras del centro del Estado (por si no captáis las sutilezas, el ejemplo se refiere a Alejandro Sanz, aunque es extensible a todos los membrillos/impresentables que le acompañaban en "la casita del Zapatero").
Mira, chavalote, en la gira que te vas a marcar este verano vas a ganar más pasta -haciendo algo que te gusta y que en teoría te llena- de lo que ganaré yo en toda mi puta vida de currito, cargando, además, con una actividad que no me aporta nada personalmente y con la que, si no fuera por el sueldo adicional de mi novia, ni siquiera me daría para pagar el piso donde vivo.
Dice:"La música está muy mal" -gime. Tú, chavalote, no sabes lo que es estar mal. ¿Qué sabes tú de hipotecas, de rebotar de un contrato a otro, de currar a turnos o de 7 a 7? ¿Qué sabes tú de llegar a fin de mes, o de lo que me cuesta a mí plantearme tener hijos con lo que piden en una guardería? Porque te recuerdo que aquí, en el mundo real, curramos dos para pagarnos 70 metros cuadrados.
"La gente que compra en el top manta no ama la música" -escupe otro. ¿Con qué validez moral exigís vosotros, que vivís a todo trapo de camino entre Madrid y Miami, sin saber ni el dinero que tenéis, al currante que os pague los vicios y haga multimillonaria a la multinacional de turno? ¿Cómo se puede tener la cara de plantarse en plan víctima sobre una vida de lujo? La industria ha abusado -y abusa- con los precios y las calidades. Sólo ahora que se ve con el rabo en el culo ofrece lo que no pueden dar los piratas: DVD's con vídeos, extras y demás. Todo, curiosamente, al mismo precio que antes. ¿No llorabáis que no se podían bajar los precios? Cómo vale ahora un álbum que lleva 12 canciones en el CD y 16 en un DVD (verídico) lo mismo que antes el mismo álbum con el CD a pelo? ¿Cómo puede valer un mismo álbum en España 18 euros y en Alemania 20 (contrastado) cuando los alemanes ganan más del doble que un español?
Ahora que las mafias de Internet os revientan, ahora, que ya no tenéis la sartén por el mango, pasáis de la posición dominante y abusiva a la apelación más rastrera de sentimientos. Pues yo, y muchos como yo respondemos: AHORA, QUE OS DEN POR CULO. NADIE puede pedirme que le pague la colección de coches de lujo, el yate y las cuatro casonas en Miami, la Sierra o Marbella. NADIE puede pedir moral desde la inmoralidad. Ejemplo: Bustamante se acaba de comprar una casa de 500 kilos de las antiguas pesetas en solo CUATRO AÑOS DE CARRERA MUSICAL, claro ejemplo de lo mal que está el panorama musical.Todos esos ¿musicos? superventas con cara bonita, coreografia casposa y hasta las cejas de dinero...os podeis meter vuestros cd's por el culo uno detras de otro...vosotros si que estais matando la música, no los melómanos que la compartimos en internet!
Compartir no sólo NO es delito ya que para ello se rekiere ánimo de lucro y perjuicio de terceros.O dito, ¡regulación do feirón XA!
sábado, 17 de noviembre de 2007
-Insistindo co Feirón-
Sigo na miña teima da regulación do Feirón. Isto está a chegar a límites insospeitados.
Suponse que os "top manta" son ilegáis, e, como tal, non deberían vender os seus produtos coma de queixos se tratara (punto 1: non teño nada contra deles; punto 2: os postos de queixos teñen máis trabas para poñer os seus produtos á venda). O que ía decindo, se non o vexo, non o creo: ¡OS "TOP MANTA" PAGAN IGUAL QUE CALQUEIRA POSTO NO FEIRÓN!
Dito isto, é lóxico que diga que no Concello están a defraudar, xa que están a sacar beneficio dunha venda ilegal, e que non digan que non saben nada (como Gallardón), porque saberen saben, o que pasa e que é máis fácil mirar pra outro lado e seguir camiñando coma se nada.
A miña reflexión é que se neste pobo os "top manta" son legáis... ¡os que venden farlopa, non che digo nada!
¡REGULACIÓN DO FEIRÓN XA!
P.D.: E aproveito tamén para, xa non pedir, senon EXIXIR o arranxo ou o que teñan que facer co repetidor do Castelo, xa que na meirande parte do casco urbán nin sabemos o que é a Sexta.
... E, ¿pra cando o arranxo das rúas do casco?, ¿ata que se mate alguén?... En fin... Nin goberno novo, nin goberno antigo...
sábado, 10 de noviembre de 2007
-A saturación do feirón-
¿Para cando unha regulación do Feirón?
Aquí calquera pode poñer o seu "chiringuito" onde quera, dá igual. Moitos deles non teñen nin licencia.
Hai rúas nas que nin sequera pode pasar un coche, a non ser que se aparten os "top manta", que campan as súas anchas por toda a feira (que non feirón).
¿Para cándo unha regulación?
¿Por qué non eliminar moitos dos postos de confección e poñer no seu lugar produtos artesanáis?, porque, na miña modesta opinión, arredor deses produtos debería xirar o enfoque desta feira cada vez máis deostada.
Abráiame ver cómo os municipáis e o mesmo encargado da regulación e pago dos postos ambulantes, pasan por diante de moitos destes facendo a vista gorda nos que non están regulados, índa por riba, vendendo produtos falsificados. Abráiame tamén, ver cómo "cobran" en cd's para deixar que os "top manta" segan no seu sitio (e sen pagar a súa correspondente "parcela ambulante").
Parece mentira, pero é verdade: os que máis se queixan desta situación son a propia asociación de feirantes, e xa hai algún dos que viña asiduamente tódolos sábados, que agora xa case nunca ven.
Nin goberno novo, nin goberno antigo: ¿para cándo unha regulación?
sábado, 13 de octubre de 2007
-¿Qué din os rumorosos?-
O pasado xoves, o ruxe ruxe do pobo, foi a colocación dunha bandeira española de considerable tamaño todo ó longo do balcón do concello. A uns poucos pareceulles estupenda a idea, a outros moitos non.
"Somos españoles y tenemos que estar orgullosos de la patria. El día 12 todos a la calle a demostrar que defendemos nuestra bandera".
Máis ou menos isto é o que nos viña a decir durante toda a semana o traballador do goberno que non chega a fin de mes: o Sr. Rajoy (ou dajoy). O resultado xa se viu. Só faltou a presenza do xeneralísimo e os polos nas bandeiras. Unha mágoa. Vinte anos de democracia vertidos polo retrete... ou iso quixeran algúns morriñentos da represión.
Manifestacións que rozaron o fascismo (algunhas non o rozaron, se non que o foron -fuerza nueva, falange-). Non entendo que nestos días de democracia, no que temos dereito a opinar sen seren reprendidos, haxa quen queira voltar ós toques de queda, ó silenzo, á escuridade.
O que me parece triste é que se loite por unha bandeira. Somos poucos, pero algún hai, que renegamos delas. Só traen odios e rencores.
Hoxe xoga a selección española de fútbol, e eu vou contra dela. Por ese feito, son un traidor.
Cando xoga a seleción galega de fútbol, tamén vou contra dela. Tamén son un traidor...
...Eu prefiro chamarme renegado. Ninguén vaime impoñer unha bandeira, a non ser que haxa outra represión... e índa así habería que velo.
Este post, vouno asinar coma un eumés ó que lle impoñen ser galego, español e europeo.
sábado, 6 de octubre de 2007
-O pibote malferido-
Esta imaxe,
pertence ó recente momento do atropelo dun pibote situado diante dos Servicios Sociáis, mentras cumpría co seu traballo: o impedimento de que ninguén pase por alí.
O desgraciado do pibote, foi literalmente arrolado e arrastrado debaixo dun coche de protección civil dende a raia branca ata o seu destiño final (non podo especificar se eran proteccion civil de pontedeume ou da ponte palá, xa que non me deu tempo de velo).
Este é o resultado no que quedou o malferido...
E eu pregúntome coa nova lei de tráfico na man: ¿haberá pena de cárcere para eses malfeitores que atropelaron e deixaron á súa sorte a este "traballador" do concello?
En fin, seguramente xa non estará no mesmo sitio, pois impedía a saída de varios coches que alí había aparcados.
Hoxe o levarán de parranda os do botellón dos almacéns, seguro. Verémolo de troula polo pobo (e esperemos que recuperado do "percance").
sábado, 29 de septiembre de 2007
-Polo San Miguel remata o verán-
Pois sí, en Pontedeume, hoxe remata o verán... e o rematamos tal e como o comezamos: de romería. San Migueliño (parte II)... ¡e logo din que segundas partes nunca foron boas!
¡Pasádeo ben e nos vemos (ou non) arriba!
sábado, 22 de septiembre de 2007
-Antigas costumes-
¡Qué ben! O concello parece que está a facer unha campaña de recuperación das antigas costumes.
O pasado mércores estivo máis de medio pobo sen auga dende a madrugada ata ben entrado o serán. Parece ser que foi a causa dunha avería (outra máis) na Praza da Calzada... E os veciños tivemos a ocasión de ir ás fontes, como antigamente, a encher as sellas có insípido líquido, namentres parolábamos esperando o turno...
... E, a noite anterior, varias rúas do centro do pobo, estiveron sen luz pública (outra vez) toda a noite. Como aínda non está ocupado o posto de sereno, non houbo quen poidera acender os candís das farolas, e tampouco poidemos chamalo para que nos abrise as portas das nosas casas. Unha mágoa...
Pero bueno, isto mesmo pasaba co anterior goberno, e, dáme na alma, que pasará igual có vindeiro. En fin, todo seña por recuperar os antigos usos. Entre outros usos, creo que tamén nos deixarán a medio pobo sen tele dentro de dous anos, xa que o repetidor do castelo case que colle as ondas en branco e negro... e non chegan para poder sintonizar o TDT. ¡Mellor!, así voltamos á antiga costume de contar historias diante da lumbre dempóis da cea...
¡Bó fin de semana pra tod@s!, e, recordade (os que se dean por aludidos): non emporquedes o pobo máis do que xa está.
P.D.: Grazas a tódalas vosas visitas, este blog xa leva máis de 2000 entradas: ¡GRAZAS!
-Preescolar na casa-
Inicio do programa “Preescolar na casa - Educar en familia” curso 07-08
Dende a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Ensino do Concello de Pontedeume invítase a tódolos pais e nais que teñen fillos e fillas entre 0 e 3 anos a participar na reunión de presentación do programa Preescolar na casa – Educar en familia.
¿Que é “Preescolar na casa”?
“Preescolar na casa” é un programa de formación de pais totalmente gratuito sobre a Educación Infantil, no que os profesionais da educación traballamos xunto coas familias que teñen nenos de 0 a 6 anos.
¿Que obxectivos ten “Preescolar na casa”?
- Que os pais sexan auténticos protagonistas á hora de mellora-la educación dos seus fillos con métodos sinxelos.
- Que os nenos desenvolvan as súas capacidades no medio familiar durante os primeiros anos da súa vida.
- Que pais e fillos manteñan contacto con outros nenos e adultos.
Para isto “Preescolar na casa” fai reunións quincenais nas que se propoñen actividades moi prácticas para a vida cotiá, nas que participan os pais cos seus fillos xunto coa mestra-orientadora; e nas que tamén se tratan cuestións básicas de hábitos dos nenos: a alimentación, o sono, a hixiene,etc, apoiadas por diversos medios educativos.
Para infomar a tódalas familias da zona máis polo miúdo de cales son os obxectivos e as actividades que se desenvolven, vanse celebrar dúas xuntanzas:
Lugar: Centro Municipal de Maiores. Pontedeume
Data: 27 de setembro de 2007 ás 16:00 horas.
Lugar: CEIP Boebre.
Data: 26 de setembro de 2007 ás 16:00 horas.
(Enviado por Servizos Sociáis de Pontedeume)
miércoles, 12 de septiembre de 2007
-Remataron as festas-
Unha mágoa, pero é así: remataron as nosas festas... e tamén os mexos, cristáis, polbo, vomitonas,... , bueno, polo menos ate ó vindeiro fin de semana. E eu pregúntome: ¿ata ónde pode chegar o civismo da xente? A min mexáronme na porta do negocio, chegando a entrar os mexos no mesmo, e apunto de estropearme as mercadorías que ahí tiña.
¿Qué me diría o rapaz ou rapaza se lle mexara eu na súa play-station? ¿Acaso non hai suficientes bares cos seus respectivos baños pra o seu uso? Non o entendo. ¿E se no momento do acto "vexigal" pasaran por ahí os seus pais, diríanlle algo?... Unha vergoña.
Tanto para o ben do meu negocio coma para o resto do pobo, ¡un pouco de sentidiño, que non temos 5 anos!
Polo demáis, felicitacións á organización das festas (inda que houbo moitos "despistes", supoño que debido o pouco tempo pra argallalas) e para o vindeiro ano, a melloralas.
-Cursos e xornadas da asociación Breamo-
A asociación de veciños Breamo de Vilar-Campolongo, ofértanos uns cursiños e xornadas para este outono-inverno 2007-2008, e que son os seguintes:
1. Curso de plantas medicináis (iniciación á fitoterapia e cosmética natural), que será impartido por expertos de Milhulloa (S. Coop. Galega) e terá lugar do 20 de setembro ó 6 de outubro.
2. Xornadas micolóxicas impartidas por expertos da Asociación Micolóxica Viriato. Terán lugar do 11 ó 28 de outubro.
3. Curso de fruticultura, impartido polo experto divulgador Alberto Varela. Será do 3 de novembro ó 13 de marzo.
O horario habitual será os xoves de 19 a 21 horas no local da asociación. Haberá saídas ó campo e visita á instalación os sábados en xornada de mañá.
Para máis información e reservas, telfs.: 639 421 421 ou ben 652 700 305
jueves, 6 de septiembre de 2007
-Obradoiro de saúde na rede en Pontedeume-
Onte chegoume a traveso do correo electrónico a información sobor dun obradoiro de informática que vos paso a comentar.
O Concello de Pontedeume en colaboura coa Rede de Dinamización de Sociedade da Información, celebra os vindeiros 13 e 14 de Setembro, en FOREMDES, un obradoiro de saúde na rede.
A actividade dividirase en dúas sesións de dúas horas cada unha(de 10 a 12 da maná) e trataranse contidos tales coma tramitar a tarxeta sanitaria, información sobre alimentación e nutrición, hospitáis e farmacias de garda, ou cómo manterse en forma entre outros contidos; todo a traveso de internet.
As persoas interesadas, poderanse inscribir no departamente de Servizos Sociáis do Concello. O prazo da inscripción remata o día 12 de Setembro ás 14h.
O único requisito para apuntarse é ter coñecementos básicos de navegación por internet.
(Enviado por Bárbara Fernández)
O que non sei é se é de valde ou hai que pagar algo, esperemos que nolo confirme.
miércoles, 15 de agosto de 2007
-Concertos 17 e 18 de agosto-
O vindeiro 17 de agosto, a partires das 21h na Praza da Calzada, terá lugar un concerto rock a cargo dos grupos eumeses: Arenga, Maneken Pi e Panacea, que servirá como preludio do II Festival de Jazz Pontedeume, que terá lugar o sábado 18 na mesma praza.
Ambos concertos están argallados polo bar O Abrevadeiro, tal e como argallou o I Festival de Jazz Pontedeume o ano pasado e que coincidira cas Festas das Peras, inda que no libro das festas nin mentaran o nome do argallante, e dera a entender que fora a comisión quen o argallara.
martes, 14 de agosto de 2007
-¿O COE deixa o goberno?-
Hoxe lin no blog do PSdG-Pontedeume que o COE abandoa o goberno eumés: ver para crer.
Xa estou imaxinando o que nos espera os vindeiros 4 anos: anarquía; e máis porque estou vendo como se frotan as mans a oposición.
Unha pena que este pobo sega a ser unha ruína. Creo que me vou censar a outro lado, visto o visto.
Dende a mágoa (non porque abandoe o COE, senón porque este é un pobo de despropósitos), vai un saúdo!
sábado, 11 de agosto de 2007
-García Sande renuncia ás súas responsabilidades de goberno-
Seguramente, a estas horas, moitos blogs eumeses estarán a ferver coa nova: o lider do COE renuncia ás súas responsabilidades de goberno.
Índa levamos dous meses escasos de goberno e xa hai fisuras no seo do COE. A saberes por qué (eu me imaxino algún problema de tipo monetario).
O tenente de alcalde, Fernando García Sande, presentou o pasado día 8 a súa renuncia ó posto de segundo alcalde e ás delegacións de urbanismo, medio ambente, facenda e formación, coa conseguinte paralización de moitos asuntos no concello.
¿Qué pasará agora? Suponse que pasará a liderar o partido o número dous (digo eu), José Juan Filgueiras. E no caso de que quede vacante ese posto... ¿Volverá o tripartito ó ataque?
En fin, dereitas, esquerdas,... ¡para o centro e pra dentro!
Parecía que se estaban a ver cambios con respeto a fai uns meses, pero con esta nova, parece que todo segue a ser igual. Unha pena.
viernes, 10 de agosto de 2007
-Insistindo no arranxo e mellora do repetidor do castelo-
Pois coma xa puxera no meu primeiro post, reclamaba ó Concello a mellora do repetidor de Andrade, xa que moitos veciños do pobo temos unha recepción moi mala, canto máis decir que o TDT nin é capaz de sintonizar ningún canal. O canle 6 non se ve, a 2 cando lle peta... ¡Medo me dá o día que haxa o apagón dixital! ¡Teremos que ir coma antigamente ás casas dos veciños a ver ó 1, 2, 3!
¿E estamos no século 21?, ¿antes ou despóis de Cristo?
En fin, acordéime deste post ó entrar nun foro e ver un comentario do 2006. Eiquí déixovos o link: http://www.foro-ciudad.com/la-coruna/pontedeume/mensaje-236319.html
A ver se se compadecen destes pobres veciños ós que so lles faltaba que as teles foran en branco e negro.
¡Saúdos!
lunes, 6 de agosto de 2007
-Unha colaboura: "entrevista hace unos meses a Emilio Salorio-
Como veño decindo dende a creación deste blog, admitense colaboracións de toda aquela persoa que quera decir algo; eiquí vai a primeira colaboura que me chegou ó e-mail e que é obra de Andrés Nidáguila. Gracias pola túa aportación.
-ENTREVISTA HACE UNOS MESES A EMILIO SALORIO-
Hace unos meses el Sr. Emilio Salorio Fraga escribió un artículo en
Comentario a este primer párrafo.- Que la derrota fue clara es evidente; que la pérdida de votos, por parte de los partidos que durante una enorme cantidad de años no hicieron nada, también; pero resulta que el pueblo decidió que los llamados por Ud “de bajo perfil político”, tuvieran ese perfil más alto que los de su partido. También argumenta que “axudados por extraños e sorprendentes aliados”. Señor Salorio, no creo que su partido, ni mucho menos su jefe, y por ende ud., pueda hablar de extraños aliados cuando se vendieron al Señor Agras para mantener la poltrona, así que por favor un poco de delicadeza y piense lo que escribe.
Comentario a este 2º párrafo.- Nuevo despropósito, para mi claro, ¡El BNG no puede con un grupo de amigos! Ud. habla de foros democráticos con una desfachatez que asusta. ¡Como puede decir eso cuando fueron ustedes los que cambiaron el horario de los plenos para que no les fuese posible, o resultara difícil que "ese grupo de amigos" pudiesen asistir!. Y en el Paroxismo de su inexplicable artículo alega que fomentaron la xenofobia. No sé de que Pontedeume estamos hablando, pero en el que yo vivo decir que Manolo Rei es de Pontevedra, no es nada xenófobo ni siquiera en la forma de decirlo, pero lo triste de todo esto es que no supisteis pelear contra eso, y sabéis por qué: Porque dentro de vuestra prepotencia os veíais con 4 concejales y daba igual lo que dijesen los demás, ya que seguiríais haciendo lo que os venía en gana, pero como diría Carlos Puebla (a la inversa) “Pero llegó el comandante y mandó a parar”.
No voy a seguir con esto porque como votante de izquierdas me da vergüenza.
Pero lo que si voy a recalcar es que la derrota viene determinada por la prepotencia, despotismo, desidia y torpeza que los partidos en el gobierno hicieron gala durante AÑOS. No fue de un tiempo a esta parte, sino de muchos años y por eso, el pueblo, que no es tonto, pidió y se regaló con el cambio.
Ya sabemos que los que pagamos los impuestos comparados con vosotros, los dioses del bien y del mal, que estáis por encima de lo humano y lo divino, no somos nada, pero os pusimos en vuestro sitio, y eso duele .Y permíteme una pregunta: ¿habéis mirado en vuestro partido si los que os presentábais valíais para esa representación? ¿Estáis seguros?
Unha aperta.
Artigo escrito por: Andrés Nidáguila
miércoles, 1 de agosto de 2007
-Irisarri e o seu soldo irrisorio-
Parece ser que Touriño quere pactar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha lei para razionalizar os soldos dos alcaldes: paréceme ben. ¿E que tal outra para os presidentes...?
Sería estupendo que os traballadores tamén nos autoimpuxéramos o salario a percibir. Xa me imaxino chegando ó traballo e decirlle ó xefe: a partir de hoxe paso de cobrar 1.500 € a cobrar 5.800 €, xa que teño dedicación exclusiva neste traballo...
... Xa sabedes ónde me ía a mandar o xefe...
... ¡directo a unha ETT, fixo!
Namentres, o señor Irisarri, actual e "exclusivo" alcalde de Ferrol, autoimpúxose un soldo de 73.000 € ó ano. ¡Non me podo crer que índa hoxe haxa xente con tanta cara!... e se queda tan ancho.
Eiquí no pobo, parece ser que se botaron para atrás co da dedicación exclusiva e o deixan para máis adiante. Será que escoitaron botar pola boca "culebras e sapos" a medio pobo, non sei. O caso é que non creo que se autoimpoñan unha millonada. O que deberían cobrar no primeiro ano tódolos alcaldes, sería o salario mínimo, coma todo o mundo que comeza nun traballo (polo xeral) e, ano a ano, ir subindo ou baixando o soldo dependendo do rendemento que teña no seu posto de traballo. Así sí que sería xusta a dedicación exclusiva.
Un saúdo!
sábado, 14 de julio de 2007
-A pantasma esvaeceuse: ¡hai festas!-
Pois, sí, é verdade: hai festas, e argalladas polo concello. Agora o único que temos que facer os veciños (que dubídoo moito) é aportar a nosa esmola (por esmola non quero dicir 1 simbólico euro) para que as festas segan a ser unha referente na bisbarra.
Ó mellor non saen o ben que poderían sair se levaran todo o ano a argallalas, mais un paso é un paso e, pra ó vindeiro ano sairán mellor (ou iso esperamos).
Dende aquí anímovos a tódolos veciños a participar polo ben das Peras (hosteleiros e tendas de comestibles sobre todo). Eu xa aportei a miña esmola.
jueves, 12 de julio de 2007
-Outro ano de festa fantasma-
Dende este recuncho no que escribo, parei a pensar: ¿por qué tódolos concellos teñen unha concellería (ou similar) que leva as festas patronais e Pontedeume non?
A falta de dous meses escasos para o inicio das festas das Peras, índa ninguén no pobo puido decirme se algún veciño ía encargarse de argallar as festas.
Dende hai moitos anos vivimos así. Chega o verán e ninguén sabe se van haber festas ou non. ¿Por qué os veciños teñen que levar a iniciativa de algo que atañe ó concello?
Non me extraña que ningúen as queira argallar. Ano sí e ano tamén, os veciños danlle as costas ós que desexan facer algo polo pobo. Entre o recelo e a desconfianza do pobo é imposible traballar. ¿Acaso non disfrutamos todos das festas? Entón, por qué non apoialas e, a pouco que cada un poña de seu, ían ser unhas festas colloudas... Pero xa se sabe, neste pobo cada quen mira polo seu, e se pode fastidiar ó veciño, máis contento todavía... UNHA PENA.
Dende eiquí pídolle ó concello que faga algo pra solucionar esta "catástrofe" festiva, e ós veciños, que deixen de mirar menos polo que fan ós da porta de enfrente.
viernes, 6 de julio de 2007
-A voltas co "parking ecolóxico"-
Hoxe sae no diario La Opinión de A Coruña, unha nota de prensa na que o PSOE de Pontedeume reclama ó Concello que non deixe aparcar na alameda de Raxoi, e que dí o seguinte:
El grupo municipal del PSdeG-PSOE en el Concello de Pontedeume reclama al Gobierno local que prohíba el estacionamiento de vehículos en la alameda de Raxoi y que ordene a la Policía Local que instale un dispositivo que impida el acceso a la zona.
En un escrito entregado ayer en el registro municipal, los socialistas aseguran que la alameda de Raxoi, "un espacio de ocio importante" en la villa de los Andrade, es invadido a diario por coches que emplean la zona verde como área de estacionamiento. El portavoz del grupo municipal del PSOE, Agustín Vilariño, advierte de que la alameda es un espacio "de tertulia y convivencia" que no puede verse alterado por la presencia de vehículos y afirma que en los meses de verano pocos lugares permiten encontrar "la tranquilidad y la sombra necesarias para enfrentarse al calor".
El ex edil de Servicios, Manuel Agras, explicaba hace casi un año que la transformación de la alameda en parking provisional se debía a las quejas de los comerciantes ante la falta de espacio para estacionar. Agras señalaba entonces que la Comisión de Gobierno había acordado habilitar dicho espacio como aparcamiento ante el incremento del número de visitantes en los meses de verano y que la iniciativa funcionaría sólo durante los fines de semana del período vacacional. Sin embargo, los eumeses continuaron aparcando en la alameda.
El BNG local también en aquel que el Ejecutivo municipal había tomado la decisión de convertir el espacio verde en parking provisional "en detrimento del interés público y en beneficio de un único establecimiento hostelero", acusación que Agras negó.
De todas formas hai dous pibotes na entrada (ou os había antes, non sei), co cal, xa eles no seu mandato, deberían haber prohibído o aparcamento na alameda. Xa se sabe: uns por outros...
Agora a cuestión e queixarse. ¡Pero queixarse de algo que eles mesmos fixeron...!
Por outra parte, Manuel Agras, decía fai un ano o de que se puxera o aparcadoiro nese lugar polas queixas dos comerciantes de Pontedeume. A día de hoxe seguen a haber queixas polo aparcamento, co cal non se fixo nada prohibindo a estancia ás persoas que quixeran disfrutar da NOSA alameda... E non sei cómo non se lles ocurreu facer un parking dentro da Igrexa Parroquial; quitando os bancos, creo que hai bastante espazo de aparcamento, e índa por riba, céntrico a máis non poder.
En fin, o PSOE parece que xa empezou o plan de "desgastamento" do goberno, coma ben dixo no seu momento Fernando García, actual tenente de alcalde.
Que deus nos colla confesados, e que "a forza nos acompañe".
martes, 3 de julio de 2007
-Outra de hemeroteca-
¡Si é que...!
Hoxe en La Voz de Galicia, saía o seguinte artigo no apartado de hemeroteca:
Lunes, 3 de Julio de 1882
Concurrida estuvo ayer en Santiago la verbena de San Pedro, en la que tocaron dos bandas de música. Como se han suprimido las hogueras se ha quitado, al decir de algunos, uno de los atractivos. Nosotros creemos que están bien prohibidas. Todo marchó con orden hasta entrada la madrugada, en que, por efecto de las infusiones alcohólicas, se armó una quimera, resultando herido un trasnochador.
Como ben dixen no post anterior, "congratúlame" de que nada cambiou en cento vintecinco anos... Segundo dáme a entender o artigo, o lume era igual de perigoso no verán como a día de hoxe, e sempre houbo algún fodido que non sabe dixerir ben o alcohol. Non hai máis que ver cada sábado os rapaces (e non tan rapaces) que andan a meterse en leas. Unha pena, pero todo segue a estar igual.
lunes, 2 de julio de 2007
-¿Antes vivíase mellor?-
Fai uns días chamoume a atención unha noticia que aparecía no apartado de "Hemeroteca" de La Voz de Galicia, e era a seguinte:
Viernes, 30 de Junio de 1882
El presidente del Gobierno, señor Sagasta, piensa salir unos días de Madrid para descansar de los disgustos que le proporcionan sus amigos... Como no sea por otra cosa no comprendemos el cansancio del señor Sagasta. Porque no haciendo nada es difícil cansarse.
"Congratúlame" saber que dempóis de cento vintecinco anos, todo segue igual. ¿Quén carallo dí que antes vivíase mellor? A raza política sempre foi a mesma e, por desgracia, é dificil que cambie. Nin repúblicas bananeiras, nin réximes fascistas, nin gobernos constitucionáis, nin gaitas, nin panderetas: os políticos xamáis terán os seus petos descosidos.
miércoles, 20 de junio de 2007
-Entrevista a Fernando García Sande, tenente alcalde de Pontedeume-
Extracto do artículo publicadon hoxe no xornal A Opinión de A Coruña, no que facían unha entrevista ó tenente de alcalde do goberno entrante:
-¿En cuanto a las comentadas discrepancias entre PP y COE por los sueldos y las dedicaciones exclusivas?
-Me puse al habla con la asociación de vecinos y se disculparon ante el COE y el PP, lo que los honra, porque considero que su nota de prensa era precipitada y ellos lo reconocieron también. Una vez dicho esto, desde un principio se plantearon dos dedicaciones exclusivas, la de alcalde y teniente de alcalde y eso es lo que se va a hacer.
(Paréceme ben que teñan dedicación exclusiva, se asinen un soldo e patatín e patatán, pero, OLLO, ¡pola boca morre o peixe!)
-El COE siempre se refería en sus boletines a los sueldos del alcalde y el teniente de alcalde.
-Informábamos de los sueldos. Que cada uno lo tome como quiera, pero siempre dije -y la verdad es que nunca lo escribí en un boletín, porque no lo escribía yo-que el que trabajaba debía cobrar. Lo que pasa es que la dejadez era bastante evidente. Era crítica en ese sentido, siempre lo transmitimos así. A lo mejor no tan evidentemente, pero el trabajo de la oposición también es un poco el de desgastar, para que nos vamos a engañar. Cuando en el Ayuntamiento había dos personas con dedicación exclusiva y un contenedor estaba una semana sin vaciarse la pregunta era evidente: ¿Esa gente merece ese sueldo?
A ver se me entero:
1)¿O cabeza de lista dun partido non ten autoridade pra decir o que se fai ou o que se deixa de facer no seu equipo?
2)A min polo menos non me parecía tan evidente que se criticara os soldos dos anteriores alcalde e tenente-alcalde no senso da deixadez dése goberno. Eu podo dicir sobre min mesmo qe son un chulo, pero se non especifico, poida que seña un chulo de praia, ou un chulo de "señoritas de mala reputación" ou un chulo de discoteca, etece.
e 3)Ate o de agora o pensaba, pero quería crer que non era certo:¿ O TRABALLO DA OPOSICIÓN E DESGASTAR Ó PARTIDO QUE ESTÁ NO PODER? Así vai o mundo, uns por outros e a casa sen barrer. Esperemos que a oposición que teñades cumpra co seu deber e non critique, se non que construa: o que fagades ben, benvido seña, o que fagades mal, que o digan, por suposto.
-Unha palla mental-
Hoxe chamoume a atención unha noticia que lin na prensa: "Abdalá Bin Abdulaziz recuerda que Madrid fue musulmana".
Eiquí vai a miña palla mental:
-Abadalá Bin Abdulaziz recorda que Madrid foi musulmana.
-Madrid recorda que o País Vasco, Cataluña e Galicia son españolas.
-Navarra recorda ó País Vasco que foi parte do Reino de Navarra.
-Aragón recorda a Cataluña que pertenceu ó Reino de Aragón.
-Galicia recorda ó resto do mundo que pertence ó seu País, índa que haxa algúns pobos (Estados Unidos, Corea ou Namibia entre outros) que índa falan unha ramificación da lingua prehistórica que se falaba hai anos en Galicia.
De todos é sabido que antigamente só existía un continente: Pangea, e que no centro dése continente se encontraba a rexión da Galaecia, onde existía un Paraíso Terreal e uns Xardíns Colgantes (que non estaban en Babilonia). Ó longo da historia formáronse novos continentes e os galegos foron repartíndose por todo o mundo.
Agora hai moitos países que se cren que non teñen nada que ver con nós: ¡craso erro! Son países ós que lles deixamos a liberdade de ser nación, índa que sepamos que son parte do noso reino.
Dende eiquí unha aperta a todos eles e ó galego que se perdeu polo espacio tamén. Algún día voltará, porque a morriña é a morriña.
P.D.: a parte que se refire a Pangea non foi idea miña, o lin nunha paxina en internet, da cal non recordo o nome.
sábado, 16 de junio de 2007
-O novo goberno-
O PP e o COE xa formaron novo goberno dende hoxe ate dentro de 4 anos.
A repartición do pastel quedou da seguinte forma:
Urbanísmo e facenda: Fernando García Sande (COE) e Eugenio Otero González (PP)
Obras e acción rural: José Juan Filgueiras Bouza, Buyo (COE)
Servizos: F. Javier Crespo Romeo (PP)
Cultura e deportes: Ascensión María de Vicente Olarte (COE)
Servicios sociáis e educación: Ruth García Campos (PP)
Comercio, turismo e protección civil: Gabriel Torrente Piñeiro (PP)
Alcalde: Gabriel Torrente Piñeiro (PP)
Tenente de alcalde: Fernando García Sande (COE)
Segundo os ruxe-ruxes que hai tempo que corren polo pobo, podería haber algúns cargos de dedicación exclusiva, cos seus correspondentes salarios. Se este fora o caso, dende aquí vos digo que na próxima lexislatura vai vira-la tortilla outra vez, porque, o que non se pode é criticar o que fan os demáis, e logo face-lo mesmo.
viernes, 15 de junio de 2007
-Entrevista a Bel (ó do Psoe, non ó do PP)-
Hoxe saíu na prensa "La voz de Galicia" unha entrevista ó, ata hoxe, alcalde de Pontedeume, e deixóunos algunhas perlas, como fan todos: ¿por qué será?
Eiquí déixovos algunhas desas perlas:
-¿Qué balance realiza de su gestión? -El Pontedeume que yo dejo no tiene nada que ver con el que me encontré hace veinte años. Se podía haber hecho más, pero me voy satisfecho, siento que me llevo el afecto de los eumeses. (...o afecto e algo máis)
-¿Está molesto con su partido? -El candidato [Agustín Vilariño] decía que tenía el viento a favor y ahora quiere transmitir que los resultados electorales se debieron a la gestión del grupo socialista en el Concello. (...sí, claro, a xestión dos últimos anos foi estupenda no pobo, pra algúns)
-¿Cree que si usted hubiera sido el candidato los resultados serían otros? -Desde hace dos años decían que se iba a presentar una candidatura nueva y, como Pontedeume no es Nueva York, la gente se dio cuenta de quién encabezaba la lista y así votó. (tamén fai catro anos sabiamos quen encabezaba a lista e moitos votos foron pra "o partido de castigo")
-Es decir, que Vilariño no era el candidato adecuado. -El pueblo sabía que yo no iba y que se presentaba otro, y así votó. La gente sabía quién era. (por sorte, neste pobo, coñecémonos todos, e non tiñamos tan claro se Belarmino ía volver a presentarse. Porque lexislatura tras lexislatura parecía dos Rolling Stones: que me retiro, que me retiro,...)
-¿Por qué ha decidido retirarse? -Hay que cambiar. Además, cansa un poco no poder cumplir todos los objetivos. (eu tamén creía que os Milli Vanilli cantaban...)
E que conste que non teño o placer de coñecer persoalmente ó Sr. Belarmino Freire, co cal só lle critico dende o seu posto público, non dende a súa persoa, faltaría máis, nin a el nin a ninguén, que non son quén pra facelo; entre outras cousas isto non é "salsa rosa".
Para quen quera ler toda a entrevista, eiquí déixovos o enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=5898593
P.D.: os alcaldes non deberían de rexir máis de dúas lexislaturas, porque acaban collendo o gusto ó trono, coma calqueira que teña un cú exquisito.
lunes, 11 de junio de 2007
-Seguimos á espera dun novo goberno-
A espera está a ser longa. O pobo aínda non sabe quén o vai gobernar, nin eles mesmos o saben. ¿Tan dificil é chegar a un acordo?
O dito, todos queren a mellor parte do pastel. Xa estou temendo outros catro anos máis de despropósitos cara ó pobo... e espero trabucarme, índa que todo fai pensar que as palabras as leva o vento.
martes, 5 de junio de 2007
-De extremadereita, de extremaesquerda, de boina e porrón-pon-pón-
IULV-CA (pra os non iniciados na política: Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía (y cierra España, amén)) e a Falange Auténtica (¡medo me da!), dun pobo chamado Ardales (Málaga), negocian pra arrebata-la alcaldía ao PSOE.
Juan Calderón (IULV-CA), admitiu que un apoio da Falange Auténtica (¡medo me da!) "fuera se oye como una bomba de relojería, pero la realidad en el pueblo es otra"...
...¿outra? A ver que me entenda: roxos e fascistas xuntos da man coma namorados. ¡EJEM! Se en realidade non teñen nada que ver os integrantes deses partidos, nese pobo concretamente, cós ideais que realmente teñen os seus grupos políticos: ¿por qué se agochan tras desas siglas? ¡Que fagan outro partido!
¡Se Primo de Rivera e Santiago Carrillo se levantaran da tumba...! ¡Ups!, perdón, que Carrillo índa segue a ser mortal.
Bueno, a outra orde do día é a seguinte: a creación dunha letra pra o himno nacional español.
O sr. deputado Rajoy, que todos sabemos non chega a fin de mes (véxase a foto, cos calcetíns roídos), reclama no congreso unha letra pra o himno nacional.
O sr. ministro de asuntos exteriores, sr. Moratinos, expón que se fará se todo o mundo está de acordo... Todo o mundo, ¿quén? ¿O goberno?, ¿os españois? ¿Farán un referendum pra ver se queremos letra no himno? (ejem) Bueno, ademáis do anteriormente citado, o sr. Moratinos tamén dixo: "cuando estoy en un país extranjero y suena el himno, es un momento muy íntimo (será o momento no que visita a "roca"), muy emotivo (¡te fode!, ¡calqueira non chora escoitando tal aberración!) y muy significativo (iso de significativo non o entendo)." "El himno nacional siempre emociona y pone a uno la carne de gallina (vamos, como cando escoitas a Raffael cantando "aqueiruuusss")".
Pois nada, eu teño dúas solucións: a primeira, que fagan un concurso na TVE en plan triunfitos e prensenten a gañadora ó festival de eurovisión, pero pra darlle un toque máis folclórico que a música seña con guitarras españolas, castañuelas e saetas, que queda máis enxebre. A segunda é que cada quen se faga unha e a envíe ao congreso dos deputados. Eu xa teño a miña:
lunes, 4 de junio de 2007
-De calmas e buratos-
Comeza a dar un pouco de medo esta calma chicha que hai nos derradeiros días no pobo. Xa ningún dos partidos escriben novas nos seus blogs, case ninguén no pobo fala nin da antiga nin da nova corporación... ¿Será a calma que precede a tempestade?
Queixa:
Rúa Pescadería (ou Peixería, pra gustos). Puxeron dous pibotes ó lado do edificio da biblioteca. Un é permanente, o outro debe ser imaxinario, xa que nunca o vin posto. Supónse que, xa que é zoa peonil, deberían estar postos ámbolos dous. A saber, ó mellor o presuposto deu pra facer os dous buratos e mercar un pibote. A saber...
viernes, 1 de junio de 2007
-Anonadado-
Se me dades dúas ostias (con perdón) non saio do asombro. ¡Cómo pode ser que un goberno se faga xogando a "cara ou cruz"! Cara a que teñen os que propuxeron a idea; cruz a que lles toca aturar ós paisanos de "nonseiqué" de Fernando Alonso (sí, chámase así o pobo e está en Cuenca). Chegaron á conclusión de poñerse a xogar porque os dous partidos máis votados empataron en concelleiros... ¡Logo queren que vaiamos a votar! ¿É iso democracia?
Vamos, logo cando formen goberno, ¿qué van a xogar a "ti a levas"?: agora levas urbanismo, agora cultura e deportes... E cando fagan algunha cafrada xogarán as "agochadas", seguro.
En vez de formar goberno xogando a "cara ou cruz", ¿por qué non xogan un partido de desempate? Ou mellor, que fagan como salomón: mitade pra tí, mitade pra min (o que pasa é que neste caso non habería unha nai que renegara da súa parte).
Hai que foderse e aturar as coces que se lle pode dar á democracia. Esperemos que queden contentos... ¿quén fará de árbitro?
miércoles, 30 de mayo de 2007
-¿A tortas pola perda do goberno?-
Paréceme incríble a reación que está a ter o aínda equipo de goberno do pobo dempóis da perda da alcaldía. ¿É que sabiades que o estábades a facer todos mal e non decíades nada?... Claro que sí.
Que botemos "merda" contra o concello o pobo ten o seu aquel, pero que entre vós esteades a botarvos as culpas do "ben" que ía o pobo... ¿E logo vos queixades de perder?
Eu creo que acepta-la derrota sen máis sería o mellor pra todos, que isto xa está comezando a parecer un programa de dimes e diretes da tele amarela, ¿ou é que ó mellor fastidia perder eses postos de privilexio porque tra-los muros da casa do concello hai algún misterioso tesouro do cal os mortáis deste pobo ignoramos?
Por outro lado confirmar que IeP non formarán parte do goberno municipal.
¡A ver se hai un pouquiño de senso e comezades a mirar todos polo pobo en vez de polo voso peto!
martes, 29 de mayo de 2007
-Catro anos de reflexión-
Parece incríble, a lo menos extraño, que a día de hoxe (máis vale tarde que nunca) tanto PSdG coma BNG fagan unha reflexión do por qué perderon tantos votos. Pero, ¿acaso non vos víñamos avisando todo o pobo do mal estar xeral que había ca política municipal que estabades levando a cabo?
Tedes 4 anos pra desface-lo entorto no que vos metichedes a base de ben. Pra reorganizarvos e propor novas alternativas pra mellora do pobo, se é que o goberno entrante non é quen de desfacer este semi-caos.
Por outra parte, chegáronme novas de que IeP desexa entrar a formar parte do novo goberno xunto có PPdG e o COE. Non sei se son certas ou non, pero ahí está a política: diñeiro e poder. Da igual con qué grupo político se fagan tratos mentras se poida un beneficiar.
lunes, 28 de mayo de 2007
-... e Pontedeume faló-
Dempóis da resaca de alegrías e decepcións que onte houbo no pobo, parece que xa hai goberno (quen diría que ían tardar tan pouco en pactar, ¡se é que lles ferve o cú por sentar no trono a todos!). Pra quen non sepa aínda, que o dubido, cómo quedaron estas eleccións eiquí, pois estes foron os resultados:
Pois sí, estimados veciños, parece que é casi oficial (enterareime mellor) que o PP e o COE fan coalición, co cal xa temos goberno pra os vindeiros catro anos.
Parece incríble que o COE poidera pactar, xa que este grupo sempre dixo que non pactaría con ninguén. E eu me pregunto: ¿seguirán a facer os panfletos criticando ó concello agora que están no goberno? Polo contrario: ¿será agora o ex-tripartito o que nos agasalle cos panfletos?
Que o demo nos colla confesados a todos e que, pase o que pase, seña pra ben. Se non, dentro de 4 anos debería de haber outras eleccións.
E como xa dixen noutros comentarios, case tódolos partidos tiraron campás ó vó dicindo que ían gañar e, o final, pasa o que pasa: o pobo fala e, se supón, ten a razón.
domingo, 27 de mayo de 2007
-Agora queda o máis duro: a espera-
Hoxe estou de loito: perdín o meu dereito a protestar no concello (si é que algunha vez o tiven, claro).
Foi unha xornada electoral moi dura pra min. Levanteime, mirei pola fiestra... chove: non vou. Comín... fai sol...mmmm vou meditar un pouco máis: vou. Ponse a chover outra vez: non vou.... e así toda a longa tarde.
Foi unha loita constante, coma cando se quere deixar de fumar. Tes o tabaco ao carón, votas a man e o volves deixar. Pois así estiven eu. Agora xa pasou.
Para as próximas xa verei, a ver que fai o novo goberno e, se tal, vou índa que caia o diluvio universal.
Pois nada, agora a esperar resultados. Pra os políticos debe ser coma o pai que espera o parto do seu fillo. Pra min é coma esperar que che quiten unha moa... En fin, o dito: sorte pra todos (que ímola necesitar).
sábado, 26 de mayo de 2007
-Xornada de reflexión-
Non imaxino a resaca xeral que haberá hoxe en todo o pobo. ¡Se parecía que ate estabamos en festas! Vamos, que nin nas festas argallan tantos espectáculos coma onte nun só día.
viernes, 25 de mayo de 2007
-¿Iremos ceados pra cama de valde?-
Onte comentou alguén que, como estabamos todos convidados a degustar certa variedade de productos gastronómicos (cortesía dos futuribres concelleiros), ía levarse un "tápergüer", enchelo das ricas viandas e papalas na casa, que é onde mellor se está con este tempo.
Eu non sei se seguirlle o exemplo e arramplar con todo o que se me poña por diante (previa cata do viño do país), así non teño que darlle voltas ós miolos pra ver qué vou cear. Ademáis, non haberá moito que andar, xa que 3 das festas van a estar unha detrás doutra e, as outras 2, unha un pouco máis prarriba e a outra un pouquiño máis abaixo... A 6ª en discordia quedará un pouco máis lonxe, e tampouco se sabe a ciencia certa se convidarán a algo.
En fins, hoxe, quen quera, vai ir ceado pra cama de valde.
¡Vivan os fináis de campaña apoteósicos!
-Derradeiro día de megáfonos-
Chegamos ó derradeiro día de megáfonos andantes (ata as 23:59:59h, claro). Mañá vai ser o día da calma que preceda á tempestade. Sorte pra todos (eu incluído).
Hoxe tería que ser o día das festas de despedida, pero chove. Máis de un terá que atopar outro xeito pra argalla-la festa (almacéns de Raxoi é unha boa idea jejejejeje). Pois nada, namentres, outros dan mítines polos bares. Xa se sabe, mentres parlotean os políticos te tomas unha caña e a xogas ós dados co camareiro, que é máis divertido.
Eu prometo que a noite do domingo vou tomar os caramelos repartidos polos grupos políticos (non me atrevo a tomalos antes, que habelas hainas). Tomaréinos á espera dalgunha nova sobre quen vai por diante ou quen non vai. Nerviosismos, cagaleiras, ruxe-ruxes polos catro puntos cardináis. ¿Vitorias ou fracasos?... a providencia o dirá.
Ata entón: paciencia.
jueves, 24 de mayo de 2007
-¡Atov!-
(atov)
¡Hoxe na prensa saltou a bomba electoral!: os almacéns de Raxoi serán municipáis por 216.000 €
(atov)
216.000 € traducidos nas incaducas loiras fan un total de cerca de 36.000.000 délas. Vamos, un choio.
(atov)
Xa custa ese diñeiro (ou máis) mercar un piso de 80 metros cadrados, cando cada un dos almacéns ten 120. Si o sei o merco eu, que sempre quixen ter "queli" ó carón do mar.
(atov)
Pois nada, agora a ver a qué os destiñan. ¿Deixarannos de portas abertas pra que os do botellón non se moxen os días de choiva?, ¿farán "pisos" de protección?, tamén poderían facer aparcamentos ou utilizalo como punto limpo (que xa o é),....
(atov)
Veremos o que pasará con eles nun futuro non se sabe se cercano ou lonxano.
miércoles, 23 de mayo de 2007
-Só 3 opcións válidas (pra min, claro)-
Bueno, 4 días pra decidir entre as 9 opcións que teño... Vou descartar 6 délas (¡á papeleira de reciclaxe con elas!). Co que só me quedan 3: abstención, voto nulo ou voto en branco...
...Hai moito no que divagar e o tempo bótaseme enrriba. E vós, ¿xa tedes decidido o que vades facer este domingo?
P.D.: O día que a política deixe de ser partidista, voltarei a crer nela... namentres, seguirei sendo APOLÍTICO.
martes, 22 de mayo de 2007
-¿E tí cómo cres que quedarán estas eleccións?-
Pois sí, home sí. Xa estamos a entrar na recta final. Tan só 5 días, 5 longos días, pra saberen o que nos depararán os vindeiros 4 anos.
Menos mal que só son 3 días de seguiren escoitando os megafonos das rulots (¡que parece que os candidatos viven dentro dos coches!) e de ler "eu prometo", "eu fixen", "eles dixeron",... Seguramente o venres nos agasallen con mexilonadas ou sardiñadas... pero ate as 00:00h do sábado, que hai que reflexionar (¡e moito!).
As previsións non son moi boas cara ó domingo: dan choivas en toda Galicia (un motivo máis que suficiente pra non levantarse da cama). ¿Será o preludio de algo?
Pois sí, home sí; que rematamos outra precampaña de dimes e diretes que o final quedan en papel mollado (nunca mellor dito, sabendo que meteogalicia predixo borrascas).
Eiquí déixovos a miña predicción dos resultados:
BNG-3 concelleiros
PP-3 concelleiros
PSdG-3/2 concelleiros
TeGa-2 concelleiros
COE-2/1 concelleiros
IP-1 concelleiros
(Creo que en total ten que haber 13 concelleiros, pois máis ou menos estimo que sairán entre as dúbidas do PSdG e COE).
sábado, 19 de mayo de 2007
-Caramelos superpoderosos-
¡Horror, chegou o día e índa non pensei o que pedirlle ó Excelentísimo!... Creo que lle vou pedir unha milagre pra resaca. Non volvo sair un venres (non me creo nada).
Esperemos que reparta caramelos deses que non che poñen nin de qué son. ¿Levarán algunha sustancia rara que te incite a votarlles? Trouxéronme os caramelos do PP, pero non me atrevo a tomalos. Pero pensándoo mellor: se me tomo unha inxesta de tódolos caramelos que repartan os partidos podo acadar algún superpoder... como moito unha diarrea (así polo menos podo laiarme).
Pois nada, que haxa sorte pra todos, que a merecedes.
P.D.: ¿Por qué no blog do PP os comentarios antes de publicalos pasan pola "censura"? Deberían estar abertos a calqueira crítica, pra iso nos queren representar a todos... ¿ou non? Dende aquí lles recomendo que deixen poñer todo o que pense a xente.
-Relaxamento mental antes de ir a durmir-
Quedan días de ver anooooss!!!! (sic amar-al (que non amar-al-ferrol, cos meus respetos ós ferroláns).
Este, penso, vai ser ou a miña desgracia blogoilóxica ou a miña a-consagración.
Ante todo, as miñas desculpas ó BNG-Pontedeume por dicir que estabamos "convidados" á churrascada de Centroña... cando, realmente, a churrasca formaba parte das festas da Ascensión de Centroña (miñas desculpas tamén pra comisión de festas de Centroña).
O que dicía, menos mal que índa queda xente ca que poder falar e poñervos a todos a parir. Porque é o que merecedes... e non falo de vos coma persoas (que esperemos que o sexades - algúns seica sí-), se non coma representantes dun pobo que non vos merece (¡...!)
A ver se algún día vos mirades políticamente ós vosos adentros e reflexionades.
A mín dame igual que sexades de dereitas, de izquerdas, do centro, da porta pra diante ou o demo co seu deus latexante... Eu (e moita xente máis) o que quero (e queremos) é que se mire polo noso ben (non polo voso).
Queremos que vos deixedes de cuspir (DISCUTIR, din algúns) o que nunca fixéstedes (nin os uns nin os outros). E o que fixéstedes asumídelo, pra ben ou pra mal... Pero, pola miña borracheira (e non é Breamo), non nos tomedes por GILIPOLLAS, porque non o somos.
E eu pregúntome, ¿pero é que soamente os apolíticos, abstemios, ateos,... (e todo o que comeze polo "a"), somos os únicos que nos damos conta de que o único que sabedes facer e dicir que sodes os mellores?
¡Pois eu son mellor que calqueira de vós! Estarei borracho... pero é que pra falar dísto é moi necesario (peor é parir). Aínda que pra paridas.... (quen cala otorga)
O sábado pasado, viñéronme a traer á tenda propaganda electoral. Viñeron varios partidos. Só un dixo algo lóxico: "deixa de facer crucigramas e lé isto... Bueno, mellor leeo cando váias ó vater... total, pra o que vale..." Eu contesteille que sí, que era pra o única pra o que valía... Quen me-o (de mexar por nós) dixo, seica ríu... Pero, o dito, quen rí último rí mellor... e eu seica non sei rir (rín por min e din ca chove).
Sigo dicindo: que "jañe" o mellor (e o mellor que seña o pobo). Estamos fartos de ser uns puteados e de pagar e pagar e pagar...
Un día destos vou deixar de propor ou pedir. Vou comezar a exixir. Porque isto empeza a ser terra de ninguén. Ate un can ten máis dereito ca eu (e non llo reprocho), simplemente eu pago polo que poida face-lo meu can e máis (sobretodooseatelojuro) polo que fan por min (ou iso é o que din).
Non podo dicir o que pago porque me veñan a recoller a basoira (é máis, teño a obriga de levala ós contedores estratéxicamente sitiados, ou situados, xa que sitiados podería ser rodeados polo inimigo) e non me queixo. ¡Pero que índa por riba me chegue o recibo da recollida de lixo, cando día sí e día tamén vexo a rúa chea de merda...!
Votaría por non votar... Xa sei que logo non me vou poder queixar.
Levo toda a miña "ditadura" (dende os 18 anos) votando... ¿pra qué? Quéixome e mexan por eles. Falo e son do bando contrario. Odio a política municipal deste pobo dende que,o meu pobo, empezou unha grande decadencia (E NON ME DIGADES QUE NON... PORQUE ISTO NON É UN POBO).
Bueno, remato porque xa non sei no que divaguei (se é que se escribe así)... Pero, polo menos, vou durmir tranquilo....
...e, ateamente, despídome... CON DEUS! (e mañá o demo dirá).
P.D.: (¡cóma non ía haber posdata- prós entendidos post data-) Tiven que repasar unhas cantas veces este artigo... e seguro que haberá moitos erros... PERDÓN).
viernes, 18 de mayo de 2007
-Feirón Touriñal-
"¡Qué alegría!, ¡qué alboroto!, ¡le ha tocado otro Touriño pidevoto!"
Pois si que... Eu non sei se pedirlle un autografo ou un piso nas posibles novas construccións en Ber. Non o sei... Teño toda o día pra pensalo, que mañá é o gran día (por suposto, hai que darse un baño entre as masas do feirón... ¿mercará algún cd pirata nos top manta?)... Bueno, pra iso xa están os municipáis (¡ah!, ¡non!, a eses llos regalan).
¿Qué virá a facer entón? ¿Dar apertas e sorrisos?, porque seguro que non ten nin idea do que se coce neste pobo... por non dicir que nin sequera sabe dél (todo pode ser).
¿Pra cando unha visita de Madiano e Zapataiser? Mmmmmm... mellor unha de Aznar e que lles dea unha charla ós do botellón, porque mira que estes rapaces... ¡Mercar "don simón" en vez de "marqués de vizoja"!... ¿Ónde se viu? Claro, bebendo viño barato logo se teñen accidentes...
En fins. Trago aire e que seña o que teña que ser.
E dende aquí doulles un toque de precaución ós do BNG-Pontedeume polo publicado no seu blog acerca do mitín que diron o pasado día 14 de maio. Ísto é un extracto do que poñe:
-"Malia ser un mitin moi "madrugador" (a 3 días do inicio da campaña), o acto central do BNG de Pontedeume, celebrado o luns 14 de maio, foi todo un éxito, tanto pola asistencia de público como pola sensación evidente de ser o BNG a forza ganadora das Eleccións. O pobo de Pontedeume abarrotou o Salón de Actos da Casa da Cultura, a antesala e, na maior parte do tempo, as escaleiras de acceso, non cabendo nin unha alma máis."
Que fora moita xente ó mitín (coñecidos e non coñecidos) non significa que vaian gañar as eleccións... ¿150 persoas... 200?... E máis que lles votan e non asistiron. Seguramente si foi alguén dalgún outro partido non lles vai votar (bueno, os transfugas están á orde do día).
Hai que ter un pouco máis de serenidade e non votar as campás ó voo, que logo as caídas poden ser moi duras (isto é pra tódolos partidos en xeral). E, por certo, hoxe fan unha churrascada en Centroña á que estamos todos "invitados".
P.D.: BNG-Pontedeume, tedes unha errata: Ber é o pobo, ver é un verbo (creo...)
miércoles, 16 de mayo de 2007
-As pedras, qué fonitas son-
Por desgracia é o tema de moda en Galicia (e Pontedeume non escapa désa rede): recalificacións, construccións a pé de praia ou en zoas protexidas...
Urbanizacións marbellís, ó fin e ó cabo. ¿Acabouselles o choio aló?: haberá que atopar outra zoa na que foder... E atopárona (có beneplacito dos gobernantes, clarostá).
Eiquí déixovos un vídeo que saquéi do blog http://preguntome.blogspot.com no que uns rapaces (bueno, non tanto) fan unha divertida parodia da destrucción que hai agoramesmo no pobo de Foz.
-Hai debate, digo, DISCUSIÓN-
Pois sí, non están defraudando estas eleccións, coma sempre...
Onte, Anxo Quintana dicía nun blog (non sei se deseu ou do BNG):
"Touriño segue recluído nos seus aposentos, onde por suposto non tén que debater con ninguén. É máis cómodo. Digo eu que polo menos se sentaría diante do televisor a ver cómo outros DISCUTÍAMOS sen medos de ningunha clase."
Discutir, discutir, discutir... Política, nin máis nin menos.
En vez de buscar solucións ós problemas que ten o pobo, DISCUTEN. Discuten no grande circo que é a caixa boba, discuten no miserable circo que é o parlamento (¿de parlar? Non. De discutir). Discuten, e íso é o que realmente importa. Porque cada cal ten a razón. E punto.
¡Sentidiño, leñe!, que índa acabamos de empezar... Non quero saber cómo vai rematar....
martes, 15 de mayo de 2007
-Cuspindo merda, coma sempre-
Coma se dun milagre fose... ¡E se fixo a agua!...
Pero non quería falar deste insignificante adianto da humanidade. Do que quería falar é do que falaron onte Quintana, Feijoo e... o de Lugo en "Hai debate" da TVG.
Eu non o vin, nin tiña pensado ver un debate que non ten lugar (é o meu pensar, claro) nunhas eleccións á alcaldía. É un debate que a min nada me ía aclarar de cara a votar no meu pobo.
Ademáis, nin sequera osei a ler do que falaron na prensa. Chegoume con ler os titulares. Máis do mesmo, en vez de falar de qué carallo queren facer (prometer ou facernos crer que), fixeron o de sempre: cuspirse uns ós outros o que fixeron ou deixaron de facer (sempre pra mal claro - merda de país-). ¿Non poderían ser máis respetuosos os uns cos outros ou, polo menos, cos espectadores que os estarían vendo?... Vai ser que non.
O dito. Máis do mesmo. Todo é cuspir e botar merda. ¡Merda pra min tamén! (índa máis se cabe).
P.D.: Non penso ler ni ver o que dixeron, índa que pensedes que sen facelo non podo falar... ¿pra qué?
-E seguimos sen agua-
15:00h... a auga segue sen aparecer... A este paso ímos ter que pedir subvencións pra comer con culleres, pratos e vasos de prástico... ou ben pra comer no Tino's chicote* (ou como carallo se chame).
Seriedade, calma... seguirei contándovos as peripecias dunha familia sen auga á hora de comer.
P.D.: Vóume laválos dentes na taza do vater (non llo contedes a ninguén) e, deseguido vou ir ate o pilón a fregá-los cacharros, e de paso a facer áugas menores...
*puxen este restaurante porque é un dos que fala todo o mundo últimamente.
-Máis problemas ca agua-
Xa estamos outra vez: 13:00h ¡NON HAI AUGA! ¿Pero é que nos toman a cachondeo?
Onte á noite (noite de domingo a luns) andiveron os de Aquagest pola rúa buscando algo (o de sempre, algunha fuga ou cañería rota, pra variar) e xa nos cortaron a auga. Ata ahí, vale. Entre outras cousas non é tan grave que a corten a esas horas da noite...
...¡PERO QUE A CORTEN A UNHA DO SERÁN SÍ! Deben de crer que a comida faise por arte de maxia, que os pratos se fregan coa area... Non sei.
¿Algún día terán a decencia de rebaixarnos na factura o tempo e as molestias que nos fan pasar?, porque si se nos ocorre non pagarlles a factura ou retrasarnos no pago... ¡MIÑA NAICIÑA!
A ver se teñen un pouco de senso e miran máis o que fan... e a qué horas.
P.D.: Menos mal que o pilón sigue no seu sitio... polo de agora, claro.
lunes, 14 de mayo de 2007
-As mellores propostas de cada partido-
O pasado sábado conseguín algúns dos trípticos que repartiron diferentes partidos polo pobo, e equí déixovos as mellores propostas que vin de cada un deles.
BNG: -Plans de vivenda para a mocidade no casco histórico.
COE: -Ampliación e establecemento dun horario coherente cas necesidades dos usuarios da Biblioteca Municipal.
PP: -Plan de rehabilitación e protección do casco histórico, acompañándoo dunha pavimentación de firmes e enlosados acordes ca tradición histórica de Pontedeume.
PSOE: -Mellora do tratamento fiscal dos autónomos.
TeGa: -Crear o posto de Concelleiro de parroquias.
De IP non teño nada. Non sei se fixeron algún tríptico ou non, co cal non sei qué é o que queren facer.
O dito, isto é só unha proposta que me gostara de cada partido. Só é iso.
viernes, 11 de mayo de 2007
-Comeza a conta atrás-
Pois, si. Xa temos os nosos pobos engalanados cos futuribles rostros gobernantes. É tan bonito e alegre de ver...
Boeno, ironías aparte, comeza a carreira pra a alcaldía. ¡Que gañe o mellor! (o pobo, por suposto)
jueves, 10 de mayo de 2007
-Pegada de cartezes-
Hoxe as 12 da noite comeza a campaña electoral coa pegada de cartezes (índa que algúns a saltaron á brava e xa pegaron uns cantos... ¡Un tirón de orellas pra eles!). Xa temos diversións ata o día 27 de maio: mítines, mexilonadas (sardiñadas no seu defecto), grobos, chisqueiros, camisolas, pirulís, "güiston",... garrapiñadas en definitiva. Fume que hase desvanecer coma sempre, índa que esperemos que desta vez non sexa así (a dúbida ata o final).
Os pardidos políticos que se presentan en estas eleccións por Pontedeume son (en orde alfabético): Bloque Nacionalista Galego - Manolo Rei (BNG); Círculo de Opinión Eumés - Fernando García (COE); Independientes por Pontedeume - Manuel Agras (IP); Partido Popular - Gabriel Torrente (PP); Partido Socialista - Agustín Vilariño (PSOE); Terra Galega - Carlos Gómez (TG).
Eiquí fago unha reflexión: ¿Quén gañará o trono desta vez?... Esperemos que seña o POBO.
Eiquí fago outra reflexión máis: ¿Ata que fecha teñen pensado deixar os cartezes nas rúas?
-A Botella do Aznar-
Sempre haberá unha Botella á que un bébedo se poida agarrar.
03/05/2007 José María Aznar dixo: "A mí no me gusta que me digan 'no puede ir usted a tanta velocidad', 'no puede comer hamburguesas de tanto' o 'se le prohíbe beber vino', déjeme que decida por mí, que en eso consiste la libertad(...)Es como los letreros que dicen "No podemos conducir por ti"(...)¿Quién te ha dicho que quiero que conduzcas por mí? Las copas de vino que me tomo, déjeme que las tome tranquilamente; no pongo en riesgo a nadie"
09/05/2007 Ana Botella dixo: "Mi marido 'nunca bebe más de la cuenta'(...)Sus declaraciones a favor del consumo de vino se sacaron de contexto(...)Lo que mi marido quería decir era simplemente que el vino de Castilla y León es 'estupendo'."
O que tería que facer o seu marido é deixar de saca-la lingua a pacer, que de contexto non se sacou nada. A min deixoume ben claro o que quixo dicir... o que pasa é que cando un ten o ollo ensanguentado soe falar máis do que debera... E, ¿cómo pode falar da liberdade se é o primeiro que renega dela? (guerra de irak, euro, matrimonios homosexuáis, consumo de marihuana,...)
E ahí déixovos os momentos estelares das súas declaracións... (se parece que ata leve un par de copas... de máis...).
(estes vídeos pasóumos nanyta... Graciñas!)
miércoles, 9 de mayo de 2007
-Este é o comezo-
Todos queixámonos de moitas das cousas que se fan no pobo, ou se deixan de facer. Pois dende aquí me gustaría que calquera que teña algo que dicir, o diga, sempre e cando non se falte ó respecto de ninguén.
Eu quero comezar este blog cunha proposta para as vindeiras lexislaturas municipáis: que arranxen o repetidor de Andrade, pois somos moitos os que, no pobo, nin podemos sintonizar o TDT, nin vemos a sexta e, ás veces, tampouco sintonizamos a segunda cadea de TVE.
E así levamos dende fai moitos anos. Por iso creo que é unha boa proposta para os vindeiros gobernantes.
Asina:
Ricardo González