Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

miércoles, 15 de agosto de 2007

-Concertos 17 e 18 de agosto-


O vindeiro 17 de agosto, a partires das 21h na Praza da Calzada, terá lugar un concerto rock a cargo dos grupos eumeses: Arenga, Maneken Pi e Panacea, que servirá como preludio do II Festival de Jazz Pontedeume, que terá lugar o sábado 18 na mesma praza.


Ambos concertos están argallados polo bar O Abrevadeiro, tal e como argallou o I Festival de Jazz Pontedeume o ano pasado e que coincidira cas Festas das Peras, inda que no libro das festas nin mentaran o nome do argallante, e dera a entender que fora a comisión quen o argallara.


En fin, ¡espérovos os dous días na Calzada!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

ben por Iván, que todo vaia ben

Eumes dijo...

Grazas por nos informar. Con o teu permiso poñerei unha ligazón dende o artigo do "Festival de Jazz" de Festas de Pontedeume e Concello para difundir esta nova, pois nos informa do concerto de hoxe. Unha aperta.

Anónimo dijo...

foi boisimo, espero que o sigan facendo.