Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

miércoles, 15 de agosto de 2007

-Concertos 17 e 18 de agosto-


O vindeiro 17 de agosto, a partires das 21h na Praza da Calzada, terá lugar un concerto rock a cargo dos grupos eumeses: Arenga, Maneken Pi e Panacea, que servirá como preludio do II Festival de Jazz Pontedeume, que terá lugar o sábado 18 na mesma praza.


Ambos concertos están argallados polo bar O Abrevadeiro, tal e como argallou o I Festival de Jazz Pontedeume o ano pasado e que coincidira cas Festas das Peras, inda que no libro das festas nin mentaran o nome do argallante, e dera a entender que fora a comisión quen o argallara.


En fin, ¡espérovos os dous días na Calzada!

martes, 14 de agosto de 2007

-¿O COE deixa o goberno?-

Hoxe lin no blog do PSdG-Pontedeume que o COE abandoa o goberno eumés: ver para crer.

Xa estou imaxinando o que nos espera os vindeiros 4 anos: anarquía; e máis porque estou vendo como se frotan as mans a oposición.

Unha pena que este pobo sega a ser unha ruína. Creo que me vou censar a outro lado, visto o visto.

Dende a mágoa (non porque abandoe o COE, senón porque este é un pobo de despropósitos), vai un saúdo!

sábado, 11 de agosto de 2007

-García Sande renuncia ás súas responsabilidades de goberno-

Seguramente, a estas horas, moitos blogs eumeses estarán a ferver coa nova: o lider do COE renuncia ás súas responsabilidades de goberno.

Índa levamos dous meses escasos de goberno e xa hai fisuras no seo do COE. A saberes por qué (eu me imaxino algún problema de tipo monetario).

O tenente de alcalde, Fernando García Sande, presentou o pasado día 8 a súa renuncia ó posto de segundo alcalde e ás delegacións de urbanismo, medio ambente, facenda e formación, coa conseguinte paralización de moitos asuntos no concello.

¿Qué pasará agora? Suponse que pasará a liderar o partido o número dous (digo eu), José Juan Filgueiras. E no caso de que quede vacante ese posto... ¿Volverá o tripartito ó ataque?

En fin, dereitas, esquerdas,... ¡para o centro e pra dentro!

Parecía que se estaban a ver cambios con respeto a fai uns meses, pero con esta nova, parece que todo segue a ser igual. Unha pena.

viernes, 10 de agosto de 2007

-Insistindo no arranxo e mellora do repetidor do castelo-

Pois coma xa puxera no meu primeiro post, reclamaba ó Concello a mellora do repetidor de Andrade, xa que moitos veciños do pobo temos unha recepción moi mala, canto máis decir que o TDT nin é capaz de sintonizar ningún canal. O canle 6 non se ve, a 2 cando lle peta... ¡Medo me dá o día que haxa o apagón dixital! ¡Teremos que ir coma antigamente ás casas dos veciños a ver ó 1, 2, 3!

¿E estamos no século 21?, ¿antes ou despóis de Cristo?

En fin, acordéime deste post ó entrar nun foro e ver un comentario do 2006. Eiquí déixovos o link: http://www.foro-ciudad.com/la-coruna/pontedeume/mensaje-236319.html

A ver se se compadecen destes pobres veciños ós que so lles faltaba que as teles foran en branco e negro.

¡Saúdos!

lunes, 6 de agosto de 2007

-Unha colaboura: "entrevista hace unos meses a Emilio Salorio-

Como veño decindo dende a creación deste blog, admitense colaboracións de toda aquela persoa que quera decir algo; eiquí vai a primeira colaboura que me chegou ó e-mail e que é obra de Andrés Nidáguila. Gracias pola túa aportación.

-ENTREVISTA HACE UNOS MESES A EMILIO SALORIO-

Hace unos meses el Sr. Emilio Salorio Fraga escribió un artículo en La Opinión que decía textualmente lo siguiente:

"As eleccións municipais supuxeron unha derrota dos partidos do goberno en Pontedeume: 550 votos menos entre os tres. É máis derrota cando os gañadores eran candidatos de baixo perfil político: subiron 130 votos entre os dous, axudados por extraños e sorprendentes aliados."

Comentario a este primer párrafo.- Que la derrota fue clara es evidente; que la pérdida de votos, por parte de los partidos que durante una enorme cantidad de años no hicieron nada, también; pero resulta que el pueblo decidió que los llamados por Ud “de bajo perfil político”, tuvieran ese perfil más alto que los de su partido. También argumenta que “axudados por extraños e sorprendentes aliados”. Señor Salorio, no creo que su partido, ni mucho menos su jefe, y por ende ud., pueda hablar de extraños aliados cuando se vendieron al Señor Agras para mantener la poltrona, así que por favor un poco de delicadeza y piense lo que escribe.

“O circulo de Opinión Eumés(COE), un grupo de amigos que nace do resentimento, cunha oposición sen un mínimo de respeto á ética política democrática, de rancio populismo dende o panfleto, nunca dende un foro democrático, o pleno, baseada no insulto, as medias verdades e o vulgar, alimentando os sentimentos máis primarios da xente: a xenofobia contra o candidato do BNG, ”o pontevedrés”, por non nacer neste concello; contra a dignificación do exercicio político con campañas moi sucias contra as dedicacions exclusivas, que agora volveranse contra deles, etc."

Comentario a este 2º párrafo.- Nuevo despropósito, para mi claro, ¡El BNG no puede con un grupo de amigos! Ud. habla de foros democráticos con una desfachatez que asusta. ¡Como puede decir eso cuando fueron ustedes los que cambiaron el horario de los plenos para que no les fuese posible, o resultara difícil que "ese grupo de amigos" pudiesen asistir!. Y en el Paroxismo de su inexplicable artículo alega que fomentaron la xenofobia. No sé de que Pontedeume estamos hablando, pero en el que yo vivo decir que Manolo Rei es de Pontevedra, no es nada xenófobo ni siquiera en la forma de decirlo, pero lo triste de todo esto es que no supisteis pelear contra eso, y sabéis por qué: Porque dentro de vuestra prepotencia os veíais con 4 concejales y daba igual lo que dijesen los demás, ya que seguiríais haciendo lo que os venía en gana, pero como diría Carlos Puebla (a la inversa) “Pero llegó el comandante y mandó a parar”.

No voy a seguir con esto porque como votante de izquierdas me da vergüenza.

Pero lo que si voy a recalcar es que la derrota viene determinada por la prepotencia, despotismo, desidia y torpeza que los partidos en el gobierno hicieron gala durante AÑOS. No fue de un tiempo a esta parte, sino de muchos años y por eso, el pueblo, que no es tonto, pidió y se regaló con el cambio.

Ya sabemos que los que pagamos los impuestos comparados con vosotros, los dioses del bien y del mal, que estáis por encima de lo humano y lo divino, no somos nada, pero os pusimos en vuestro sitio, y eso duele .Y permíteme una pregunta: ¿habéis mirado en vuestro partido si los que os presentábais valíais para esa representación? ¿Estáis seguros?

Unha aperta.

Artigo escrito por: Andrés Nidáguila

miércoles, 1 de agosto de 2007

-Irisarri e o seu soldo irrisorio-

Parece ser que Touriño quere pactar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha lei para razionalizar os soldos dos alcaldes: paréceme ben. ¿E que tal outra para os presidentes...?

Sería estupendo que os traballadores tamén nos autoimpuxéramos o salario a percibir. Xa me imaxino chegando ó traballo e decirlle ó xefe: a partir de hoxe paso de cobrar 1.500 € a cobrar 5.800 €, xa que teño dedicación exclusiva neste traballo...

... Xa sabedes ónde me ía a mandar o xefe...

... ¡directo a unha ETT, fixo!

Namentres, o señor Irisarri, actual e "exclusivo" alcalde de Ferrol, autoimpúxose un soldo de 73.000 € ó ano. ¡Non me podo crer que índa hoxe haxa xente con tanta cara!... e se queda tan ancho.

Eiquí no pobo, parece ser que se botaron para atrás co da dedicación exclusiva e o deixan para máis adiante. Será que escoitaron botar pola boca "culebras e sapos" a medio pobo, non sei. O caso é que non creo que se autoimpoñan unha millonada. O que deberían cobrar no primeiro ano tódolos alcaldes, sería o salario mínimo, coma todo o mundo que comeza nun traballo (polo xeral) e, ano a ano, ir subindo ou baixando o soldo dependendo do rendemento que teña no seu posto de traballo. Así sí que sería xusta a dedicación exclusiva.

Un saúdo!