Hoxe lin no blog do PSdG-Pontedeume que o COE abandoa o goberno eumés: ver para crer.
Xa estou imaxinando o que nos espera os vindeiros 4 anos: anarquía; e máis porque estou vendo como se frotan as mans a oposición.
Unha pena que este pobo sega a ser unha ruína. Creo que me vou censar a outro lado, visto o visto.
Dende a mágoa (non porque abandoe o COE, senón porque este é un pobo de despropósitos), vai un saúdo!
2 comentarios:
que dis home, se é tremendamente divertido, coma unha novela de intriga! seguro que chacho xa esta a mover os seus fíos e non tardaremos en velo coa chave do concello outra vez no seu peto sen fondo.
que vila!
Tes razón, parece ser que Chacho xa abriu as suas portas ó goberno, segundo din na Voz de Galicia hoxe.
Publicar un comentario