Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

jueves, 25 de septiembre de 2008

-Sobor das tapas da toma de auga-

¿Quén sabe ónde van as tapas da toma de auga da rúa real? ¿Levaríanna os iluminados que con nocturnidade e alevosía "secuestraron" o busto de D. Ulpiano Villanueva o pasado domingo? ¿Canto sacarán por elas no mercado negro? Se pagan o kilo a 3,05 €, ¿chegaralles para pagar a gasoliña con esas tapas? ¿Por qué non se levaron á "queixeira" da Praza do Pan? Xa sei que non é bronze mazizo, pero fea é a esgallo, de paso que se leven as macetas que puxeron na rúa Couceiro Freijomil, que nun principio servían para que non pasasen os coches e para adornar; agora serve coma retrete para gatos, cans e "animáis" botelloeiros. Tamén se poderían levar todos os bolardos que afanosamente se puxeron no pobo para delimitaren as rúas peonís, e que neste pobo son invisibles. Os contedores subterráneos que os deixen, non fan bonito, pero, se xa emerxe deles un fedor considerabel, ¡cánto máis se nos deixan sen eles!

P.D.: A máquina de profilaccticos ex-sita na rúa Couceiro Freixomil nº8, pertencente á parafarmacia, que non vaian a por ela, xa que non a volven a poñer (polo de agora), despóis de que a arrincaran e levaran por dúas veces casi consecutivas. ¿A levaría Robinho pensando que en Inglaterra non teñen "capuchinhas" suficentes para él?

jueves, 11 de septiembre de 2008

-Final do III concurso Toca con Nós-

Inda que esta nova non vaia facer que o pobo rexurda das súas cinzas, algo ten que ver con él.


Mañá día 12 de setembro, a partires das 22:00h en San Valentín (Fene), terá lugar a final do III concurso "toca con nós", que argallan a organización do FeneRock. Nel participarán os grupos: Sherpannk (Ferrol), Rey Mugre (Pontedeume) e Ta'Crack (A Coruña). Como peche a esta edición do concurso, tocará a banda-homeaxe a Queen, Mckuin.

O día 13, será o VI Fene rock Festival, no que actuarán Lady Evil, Black Rose, Riff/Raff e, como colofón Sherpa (ex baixista de Barón Rojo).
A entrada ámbolos dous días será de balde e baixo unha carpa, e haberá zoa de acampada libre.
Pois nada, haberá que estar aló animando ó produto autoctono do eume. Vémonos!!

sábado, 23 de agosto de 2008

-III Festival de Jazz Pontedeume-

Outro ano máis xa está argallado o Festival de Jazz Pontedeume, e xa vai polo terceiro.

Desta volta, serán 3 días de concertos:

-O xoves 4 de setembro haberá un concerto no pub O'Trasteiro co grupo Hot Kawa Club a partires das 20:00 h, e, as 00:00h, na Sala Coliseo, haberá unha Festa Acid Jazz + o sorteo das rifas que están a vender a asociación.

-O venres 5 de setembro, na Sala Coliseo, o concerto correrá a cargo dos grupos Jacobo de Miguel Quarteto e Sumrra, a partires das 22:30 h e, o remate destes haberá unha xoldra jam Session, para @s que queirades participar.

-O sábado 6 de setembro, a partires das 12:00 h farase unha sesión vermouth na Praza da Calzada, na que haberá Chili & Crepes feitos por Frank (dono e cociñeiro do Ratatouille - na Coruña-); as 22:30 h dará comezo o último dos concertos desta edición que correrá a cargo dos grupos A MAgnifique Bande des Homme Sans Peur, Miñor Swing, Rendez-Vous project e Organic Collective, na Praza da Calzada.

Vémonos durante os 3 días!!

Nota: o carteze non é así. Debo ter algún problema no ordenador que me o saca en cores azúis e non se ven as letras de arriba.

martes, 12 de agosto de 2008

-I Esfera Féstival-

Este venres, 15 de agosto, a partires das 22:00 h, terá lugar o I Esfera Féstival, que contará coas actuacións dos grupos eumeses: Brainstorming, Bronze e The Bosses.

O festival terá lugar na pista de Nogueirosa e está argallado por Esféricos, coa colaboura da Comisión de Festas de Nogueirosa.

Haberá acampada libre, aseos e, con cada copa, un picho gratis.

A organización Esféricos xurdiu coma unha proposta para dar oportunidade de dar a coñecer ós grupos eumeses e da redonda.

lunes, 11 de agosto de 2008

-Presentación do carteze do III Festival de Jazz Pontedeume-

O vindeiro xoves 14 de agosto, terá lugar a presentación do carteze do III Festival de Jazz Pontedeume, argallado pola A.C. Pontedamusica, no cal haberá unha mexilonada a partires das 21:00 h e, a continuación, a actuación do conxunto International Gypsy Project ás 23:00 h.

O evento terá lugar na Praza da Calzada.

O III Festival de Jazz de Pontedeume terá lugar en tres días consecutivos: ó 4, 5 e 6 de setembro.

O día 4 tocará un grupo no pub O'Trasteiro, o día 5 haberá unha jazzsession na Sala Coliseo e, o día 6, terá lugar un concerto na Praza da Calza como culminación ó Festival.

martes, 29 de julio de 2008

-Finalistas do concurso "toca con nós"-

O pasado venres 25 de xullo, tivo lugar na Sala Coliseo (Pontedeume), a 3ª semifinal do concurso "toca con nós", pertencente ó Fenerock, no cal participaron os grupos: EnCuarentena (As Pontes), Rey Mugre (Pontedeume), Rigus Mortis (Ferrol), Bronze (Pontedeume) e InVivo (Compostela).

O grupo gañador desta semifinal foi Rey Mugre, que tocará o vindeiro 12 de Setembro na final do concurso xunto con Ta'Crack e Sherpannk en San Valentín (Fene).

miércoles, 23 de julio de 2008

-Concerto da semifinal do concurso Toca con nós-

O vindeiro venres 25 de xullo, terá lugar a terceira semifinal do concurso "Toca con nós" do Fenerock na Sala Coliseo, Pontedeume, no que actuarán: Rigor Mortis (Ferrol); In Vivo (Compostela); Bronze (Pontedeume); e Rey Mugre (Pontedeume). O concerto dará comezo as 23:00h, e a entrada aínda non se sabe se será de valde.

Un destes catro grupos pasará á final do concurso, que terá lugar o día 12 de Setembro dentro do festival Fenerock.

Vémonos no Coliseo!

lunes, 30 de junio de 2008

-O fútbol non está en crise-

Hoxe vou falar do que tod@s vos sabedes: fútbol.

Algo tan intrascendente para calqueira persoa de a pé, convertiuse onte nunha ¿furia?. O fútbol desatou a paixón ata das aboas que na súa vida viron un partido. ¿O por qué?: España. Nada tiña que ver co deporte (neste caso fútbol), senon co nacionalismo.

Por unha parte facíame graza ver ás mulleres coma tolas berrando contra dos alemáns: "¡alemán cabrón, siempre dando patadas! ¡Árbitro, expulsa a eseeee!" En fin. Nótase que só ven un partido cada 60 anos... O fútbol é un deporte de contato, as veces fotuito, outras non tanto, pero de contato ó fin e ó cabo.

Pola miña parte, estiven a desanimar á seleción española todo o campeonato. Tildáronme de todo (criaturiñas), por iren contra un equipo que non é o meu. Non é o meu, porque nos meus adentros non existe a palabra nazón. É unha palabra que xenera odio, e así me o estiveron a demostrar cada un/unha que blasfemaba contra a miña ideoloxía... En fin, estamos nunha democracia, pero temos que pensar tod@s igual por collóns.

Por outra parte, a vitoria da seleción española lle veu ó goberno coma auga de maio... ¿Crise?, ¿qué crise?... E venme á mente o que me dixeron dos tempos franquistas, aquelo de que Franco convertira ó fútbol en deporte nacional para que a xente se esquecera das miserias (e dos miserentos) que estaban a pasar (e a sofrer). O fútbol amansa ás vestas.

Pois o dito: nin seleción galega, nin española, nin eumesa... e menos a española, que non representa ós españois, senon a Andalucía e Madrid. ESPAÑA: TOROS, SOL, FLAMENCO, OLÉ... e ós demáis que nos fodan (coma sempre).

Epitafio: torero bueno, torero muerto (adicado ós sanfermíns).

miércoles, 25 de junio de 2008

-Segue a pista-

A asociación de comerciantes de Pontedeume, UCOA, está a levar a cabo dende o pasado luns 23 de xuño, outra campaña máis para a promoción do comercio eumés: segue a pista.

Desta vez, nos comercios asociados, están a repartir "rascas" coas compras, nos que hai agasallos e descontos en gasoliña.

A quen lle toque algún agasallo, terá que ir a collelo a Calzados Campos (na Praza do Conde), e a quen lle toque os descontos en gasoliña, os poderá canxear na gasoliñeira do pobo... a quen non lle toque nada, xa sabe... a seguir probando sorte, que malo será que non lle toque nada, sempre e cando sega a mercar no pobo.

domingo, 15 de junio de 2008

-Concerto de Skacha-

O vindeiro venres 4 de xullo a partires das 22h, na sala Coliseo terá lugar un concerto punk a cargo de Skacha, ArengA e Kaskarria punk¡¡ A entranda será de 6€



Concerto punk-rock em Pontedeume,cos grupos Skacha(street punk dende Vigo) +ArengA(punk-rock PPontedeume)+Kaskarria punk¡¡ (punk deskiziado dende Cariño)...agardamos a vosa presenza...Punktuais¡¡

sábado, 24 de mayo de 2008

-Xuntanza de blogueiros-

O vindeiro 31 de maio terá lugar unha xuntanza de blogueiros en Agolada.

sábado, 22 de marzo de 2008

-Colaboura de María Fidalgo sobor Abelardo Miguel-

Este mes confirmáronme que leo a tese de doutoramento do pintor eumés en Xuño...na Universidade de Sevilla.

Fai máis de catro anos que rematei os meus estudos de doutoramento, mais faltábame a tese e quixe facela do pintor, mais os catedráticos de Coruña e Santiago, negáronse argumentando que o pintor, por establecerse en Pontedeume e non frecuentar os círculos artísticos, non tivo repercusión... e sen repercusión non hai tese, e instáronme a que a fixera doutro tema, mais pra min xa sabedes que converteuse en algo persoal, e busquei e busquei...

Por fin, este mes, o Departamento de Historia da Arte da Universidade de Sevilla, convocoume a unha reunión para que explicara a velenza do pintor. Ante a miña exposición consideraron unánimemente que poucas veces viran unha pintura tan identitaria, cun estilo tan singular e marcado por unha identidade de nazón, o meu director e o prestixioso catedrático, Palomero Páramo.

É certo o dito "naide é profeta na súa terra", é unha pena que teña que ser fora de Galicia onde o recoñezan.

Por certo, estiven fai pouco tempo en Malpica... o pintor Lugrís non era dalá, só pasou alá unha tempada pintando a Casa do Mar (encargo que se lle fixo a Abelardo e o permutou ca Casa de Pontedeume)... e ten o seu nome por tódolos sitios (nome do instituto, avenida, páxina web...) igualiño que en Pontedeume con Abelardo.

Cedo, no prox num da revista Ardentía (a revista das cofrarías de pesca) podedes ver un artigo dos mariñeiros do pintor e, na Revista Galega de Historia Murguía, unha das máis prestixiosas de
Historia, un moi longo artigo do pintor de máis de 20 páxinas.

Grazas. María Fidalgo Casares.

martes, 18 de marzo de 2008

-Mañá concurso de monólogos-

Mañá, 19 de marzo, terá lugar na Praza da Calzada o Primeiro Concurso de Monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista convidado a Suso Lista.Para este primeiro certame preséntanse 8 monologuistas, dos cales, os 3 primeiros, serán premiados con 150, 100 e 50 €, segundo o criterio do xurado, que estará formado por Suso Lista, Marcos e Fernando Carrera.

Antes do concurso haberá unha "mejillonada" a partires das 20:00 h., e o concurso está previsto que comeze a partires das 22:00h

¡Vémonos na Praza da Calzada!

domingo, 9 de marzo de 2008

-O voto ¿útil?-

Dempois de unha hora longa de parrafada defendéndome o voto útil, cheguei a conclusión á que xa cheguei fai moitos anos: voto util: voto inutil.

Eu o que penso é que, as ideoloxias de cada un son as verdadeiras. Eu son incapaz de iren votar a un partido no cal non me sinto identificado... pero hai quen sí.

Se tí és do partido V, pero non queres que saia o partido W, e votas polo partido Y (ainda que as suas ideoloxías non señan as túas)... Iso vai ser un voto INÚTIL. Así imos.

Non só existen o PSOE e o PP; se tí es de dereitas, vas votar polo PP, porque poucos máis hai; pero si tí es de esquerdas.... tes unha lista bastante ampla pra votar. ¿Por qué vas votar polo PSOE?, ¿para que non saia o PP? NON O ENTENDO.

Eu son APOLÍTICO. Non sei se xa o dixen nalgún "post" anterior. O que sí sei, é que teño unhas ideoloxias e ben sei ó que votar. Con isto non estou a decir que tí (@ lector/@), non teña nin máis nin menos razón. O que quero dicir, é que xa estou farto do voto útil, que, ó fin e ó cabo é inútil. ¡Non se pode votar a un partido pra que non saia o outro! Hai que votar con senso.

Insisto, aparte do PP e do PSOE, existen máis partidos políticos (haberá algún que esté pensando no BNG: EXISTEN MÁIS). Eu teño a miña opinión ben definida (índa que algún@s pensen que non), e seica non vou votar polo que me impoñan, se non polo que sinto.

VOTO ÚTIL: VOTO IDEOLÓXICO (non voto pra foder) PUNTO Y APARTE.

P.D.: se hai algún faio na escritura é por culpa do alcohol, que a istas horas é traicionero. Hoxe voto, índa que non me vaia servir pra nada.

martes, 4 de marzo de 2008

-Segundo asalto ó rancho de La Moncloa-

Xa me tiñan preocupado os do PP e os do PSOE, xa que nos seus blogs eumeses non vira ningún comentario sobor do "debate" de onte. Por suposto, gañaron os dous (na miña casa a iso se lle chama empate).

Por unha parte, os do PSdeG Pontedeume, din que Sapataiser deulle un segundo e definitivo K.O. a Mariano Rajoy; pola outra, os de NNGG do PP de Pontedeume, dinnos que opinemos nós pero, lóxicamente logo din que gañou Rajoydi (¿non hai unha lei que prohíbe mendigar cos menores de idade? -por se alguén non se enterou, estou a falar da meniña de "ensono" de Rajoydi-).

O vindeiro domingo xa nos dirán quen gaña, porque eu non o vexo tan claro: SEICA EXISTEN MÁIS PARTIDOS QUE SE PRESENTAN ÁS ELECCIÓNS... (pero non llo digades a eses dous, que segan no seu mundo de guerras, terrorismo,..., en resumo: na desidia).

viernes, 29 de febrero de 2008

-30 Anos de libros-

Pois sí, xa son 30 anos. Algúns nin lembramos cando abriu as súas páxinas a Biblioteca Municipal, coma se estivese toda a vida aberta, cando o certo é que, antes de ser biblioteca, pasou o concello por alí, pasaron presos e, nas súas orixes, foi a escola do pobo.

Lembro que cando era pequeno, a bibliotecaria era Teté (non sei se antes dela houbo alguén máis), dempóis pasou Maruchi e, finalmente, Alexandre.

Cinco séculos de vida ten este edificio, e 30 anos albergando a biblioteca. ¡Que sexan outros 30 máis!

martes, 26 de febrero de 2008

-¿Debate?-

Ó final gañan todos. Coma sempre.

A iso das 22:10 daba comezo o 1º combate na categoría "gallo" entre o púxil a renovar o título, Sapataiser, e o púxil que opta ó título, Dajoy.

¡... e da comezo o combate! Na dedeita Mr. Dajoy, na esquerda BambiSapataiser. Dajoy mete un gancho de dereitas que "se papa" Sapataiser. Sapataiser contraataca cun revés de esquerdas...

... E así todo o debate. ¿Quen gañou?: a audiencia que tiveron os canles que retrasmitiron o circo. Pero xa se sabe: para os do PP, Dajoy meteulle un gol; para os do PSOE, Sapataiser vence e convence. Eu gañei unha dor de cabeza e fíxenme o membro viril un lío, xa que non sei que é o que queren ofertarnos de cara á próxima lexislatura.

P.D.: ¿Para que fan mítines?, se ó 99% dos que van son afiliados ou votantes do partido que o celebra? Eu que cría de toda a vida que os mítines eran para explicar ós cidadáns o que pretenden facer... e o único que fan e criticar ó veciño (deso sabemos todos). En fin, outro ano máis en branco, como a política mesma.

lunes, 25 de febrero de 2008

-1º Concuros de Monólogos-


O vindeiro martes, 19 de marzo, terá lugar o Primeiro Concurso de Monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista convidado a Suso Lista.

Antes do concurso haberá unha "mejillonada" a partires das 20:00 h.

As bases do concurso son as seguintes:

1º Poderán presentarse todas aquelas persoas que o desexen.
2º O tema será libre, sempre e cando sexa cómico, e o guión poderá ser orixinal ou unha adaptación.
3º Os monólogos non poderán ter unha duración inferior a 10 minutos nin superior aos 15 minutos.
4º A inscripción será no bar O Abrevadeiro (praza da Calzada), ou enviando un e-mail a: pontedamusica@hotmail.com, ou chamando ao teléfono 696 188 512, aportando os seguintes datos: nome e apelidos; localidade; e-mail ou telefóno do artista.
5º O prazo de inscripción remata o 17 de marzo.
6º Un xurado asinado pola asociación, decidirá quenes son os gañadores.
7º O acto terá lugar o mércores 19 de marzo na Praza da Calzada (Pontedeume).

sábado, 23 de febrero de 2008

-Xa estamos de campaña-

Segundo o dito onte polo candidato do PP, don Madiano, "al PP le pueden votar quienes se sienten liberales y quienes se sienten socialistas"... (e os nacionalistas, e os comunistas, e mesmo tamén os que perderon a guerra); "se le puede votar sin distinción de sexo, edad, creencia, raza o ideología; a cambio del voto de esos sectores, prometo los mismos derechos, obligaciones y oportunidades" (pois que comenze a revisar os estatutos do seu partido, porque, que eu sepa, no PP só cabe a relixión católica e a familia tradicional... o de a ideoloxía o ímos deixar aparte, ¿ou non?).

Segundo o dito onte polo candidato do PSOE, don Sapataiser, "tengo muchas ganas de que llegue la alta velocidad a León, El Bierzo y Galicia" (só lle digo, que xa o dixo na anterior lexislatura, e índa temos trenes de vapor, máis os que nos "doan" as comunidades que xa teñen trenes de alta velocidade. Vamos, tecnoloxía punta); "se tomarán medidas para impedir el garrafón en los botellones y se repartirán condones gratis o más baratos" (eu creo que @s botelloeir@s non serán tan tontos como para mercar o güiski de garrafón, ¿ou sí?... E fai gracia o de repartir condóns gratis: ¡ale!, ¡Sodoma y Gomorra! Quen quera condóns gratis, os ten dende fai anos en planificación familiar).

Segundo o dito polo candidato do BNG, don Quintana, "no BNG pedimos o voto útil" (cada quen saberá o útil que pode ser o seu voto, vote a quen vote); "cando hai que parar ao PP, chaman ao especialista: o BNG" (sic superQuin).


Cambiando de tercio, o PSDGa eumés, insta ó concello a esixir a iluminación da nacional 651 en Andrade (o tramo que vai dende Campolongo a Viadeiro)... ¿E por qué non o fixeron eles cando estaban no goberno?... e diso non fai un ano...

viernes, 22 de febrero de 2008

-A comida de orella-

Pasou o entroido, comimos orella e agora nos toca que nola coman a nós. Comezou o segundo entroido en menos dun mes.

Xa me tardaba que dera comezo a campaña electoral (máis me tarda que remate). Neste pobo, alomenos, o que non conseguiron os de UCOA en dous meses, o acadaron Dajoi e Sapataiser nunha noite. ¡Por fin retiraron os pendóns de UCOA felicitandonolas festas do nadal! (Xa nolo comentaron en S.O.S. Pontedeume ¡denuncia!)

P.D.: ¿Por qué non haberá eleccións tódolos anos?... polo menos os días previos, tódolos políticos están receptivos... É unha mágoa.

jueves, 21 de febrero de 2008

-O panfleto do Sr. García Sande-

Case que me caen a bágoas cando lin o panfleto que, seguindo a estrataxema do COE (léase nocturnidade e alevosia), deixounos o sr. García Sande en réplica do panfleto deixado con anterioridade polo COE.

Ímos desmenuzar algún dos párrafos no panfleto escritos...

-Dos son los grandes problemas del C.O.E.; que realmente no llegó nunca a ser un partido y que no tienen un plan, unas directrices asumidas por todos para llegar a alcanzar sus objetivos.

A estas alturas, xa sabemos que o do COE non é máis que un grupo de veciños cabreados coa situación do Concello e que de política saben coma o que máis, cando tomas unhas copas no bar (outros adicámonos a "raxar" nos blogs). É moi fácil decir que isto non vai ou que aquelo non está ben. O complicado é amañalo. Eles o deben saber, dempóis de duas lexislaturas.

-Votar cualquier lista en la que Filgueiras tenga un puesto relevante es tirar el voto.

...E diso deuse conta dempóis de tantos anos... (quero aclararlle que "votar cualquier lista en la que Filgueiras...", é unha "descalificación y ataque permanente", cousa que dixo non ía facer).

-En unos días presentaré mi renuncia a todos los cargos del C.O.E., incluida la portavocía, conmigo presentarán dimisión más personas. Pero no es nuestro deseo abandonar, nos esforzaremos por integrarnos en otro proyecto, yo con mi concejalía, porque estar arropado por un equipo y tener claro cuál es el objetivo es indispensable si se quieren lograr coasas, y nosotros deseamos lograr cosas.

Íso dame a entender que non renuncia a todo... a concellería non debe ser un cargo. Supoño que pasará a engrosar as listas de Terra Galega, coma din os ruxe ruxe por todo o pobo, co seu cargo de concelleiro (recordemos que TG non acadou ningún concelleiro).

-El gran argumento del último Boletín Extraordinario del C.O.E. es "mi sueldo".

Quen xoga có lume acaba queimándose... Tanto falar dos soldos do anterior goberno acabou por poñer ó COE entre a espada e a parede, e agora é boneco roto.

Todos sabemos que un traballador ten que ter un soldo digno (non desorbitado coma o anterior goberno).

Pois nada, a seguires mandando panfletos. Namentres o Concello, que siga manga por hombro.

sábado, 26 de enero de 2008

-¡Cabreo feiral!-

Empezo a estar un pouco máis cabreado, se cabe, como comerciante deste pobo, ante a pachorra do Concello respeto ó feirón.

Hoxe levanteime cun sorriso o ve-lo sol pola fiestra... ata que espertei de todo e dinme conta da situación: é sábado... ¡a ver o que me espera hoxe!

Nada, só atopei un tenderete de roupa diante da miña porta... e outros tantos diante das portas dos demáis negocios que se atopan ó meu carón.

Saín para falar cos donos dos postos, pero non atopei a ninguén rexentando os negocios, co que non puiden darlles a miña "noraboa" por atoperes un sitio valeiro para eles (sarcásticamente falando). De súpeto pasou por diante do meu negocio un membro da diretiva de UCOA; parou en seco e abriu os ollos coma pratos ante o que estaba a ver. Preguntoume se xa falara co traballador do concello encargado da distribución dos tenderetes, máis non o vin pasar no cuarto de hora que levo aberto.

-"Non pasa nada, xa o chamo eu, que teño o seu número, e lle digo que pase por ahí", díxome este membro da diretiva de UCOA.

Dito e feito. Pasaron uns intres e apareceu o traballador do concello para decirlles que ahí non podían poñerse, ante o estupor dos donos dos postos, que non entendían por qué non podían poñerse aló, xa que tiñan a licencia de feirantes en regla...

Acabaron por poñerse enfronte, onde non hai ningún negocio, e onden non había ningún tenderete posto. Por suposto, non tardaron dous segundos en poñerse no sito valeirado (léase díante dos negocios) os top manta...

Ata aquí, ben... pero, ¿ata cando teremos que estar a pelexar os donos dos negocios deste pobo, os cales pagamos relixiosamente todos e cantos impostos nos obrigan a pagar? Xa estou farto de sábado sí e sábado tamén, ter que estar a chamar a atención. ¡SE NON HAI SITIO PARA MÁIS, NON LLES DEADES LICENCIA PARA POÑERSE! ¿Tan difícil resulta de entender?

Este feirón estase a parecer a unha patera. Non cabe ningún posto máis pero, como os feirantes pagan, poden vir os que queiran, e máis se poden. ¿Acabarase por afundir este barco feiral?

Nada, nada. O vindeiro sábado vou convidar ós feirantes a que poñan ós seus postos dentro do meu negocio.

Espero que fora o suficientemente sarcástico. Se aínda non o fun, xa o serei: ¡o cabreo acumúlase a moreas!

¡REGULACIÓN DO FEIRÓN XA XA XA!

domingo, 20 de enero de 2008

-A supervivencia-

Xa sei que non ten nada que ver có pobo, pero este video é ¡impresionante! ¡As sorpresas que ten a supervivencia!

martes, 15 de enero de 2008

-XIII Festival Treme a Terra-


O vindeiro venres 18 de Xaneiro, na polideportiva, terá lugar o XIII Festival Treme a Terra a partires das 21:30h.

Nesta ocasión contan cos grupos: BoNoVo, O som do galpón, La pegatina e Motor Perkins.

Durante todo o concerto, poxectaranse fotografías de Gabriel Tizón no teito da carpa do concerto.

Para máis información sobor dos grupos parcipantes no festival, "tremede" eiquí.

¡Espérovos o venres na poli!

P.D.: ¡Manda collóns!... antes reivindico o arranxo do repetidor do castelo, antes se me fode a recepción dos canáis... Agora xa nin se ve a catro, e as demáis deixan moito que desexar... En fin, creo que estamos ante o apagón dixital (quizáis seña a borrasca que temos estes días). Terei que ir á casa do veciño para ver os programas, como antigamente.

sábado, 12 de enero de 2008

-Sobor dun ¿himno?-

A iniciativa do C.O.E, Comité Olímpico Español (non confundir có Círculo de Opinión Eumés), na súa teima por poñer letra ó himno español, está a acabar a paos.

Onte saíu a letra "gañadora", auténtica aberración á pluralidade da que tanto fala o Sr. ZP, e que de seguido vos amoso:

¡Viva España!
Cantemos todos juntos
con distinta voz
y un solo corazón.

¡Viva España!
Desde los verdes valles
al inmenso mar,
un himno de hermandad.

Ama a la patria
pues sabe abrazar,
bajo su cielo azul,
pueblos en libertad.

Gloria a los hijos
que a la historia dan
justicia y grandeza
democracia y paz.

¿Estamos outra vez a serén invadidos por sentimentos nacional-socialistas?

Esperemos que este mal soño, quede ahí. ¡Có fonito que era o "chinda chinda las cachas de Florinda...!

Por certo, creo que da letra que fixen eu non fixeron moito caso.

En fin, remato xa o meu primeiro post do ano, dempóis dunha longa sequía informativa, reivindicando ¡REGULACIÓN DO FEIRÓN XA!-¡ARRANXO DO REPETIDOR DO CASTELO XA!