Peirao de Pontedeume

Peirao de Pontedeume

miércoles 1 de julio de 2009

-I Feira Mondelivre 2009 no youtube-

Eiquí vos deixo o video colgado no youtube do resumo da I Feira Mondelivre 2009

miércoles 17 de junio de 2009

-I Feira Mondeliure-

O vindeiro 28 de xuño terá lugar na Praza da Calzada a I Feira Mondeliure.

Os horarios das diferentes actividades son os seguintes:

12.00h darán comezo o mercadomulticultural, os obradoiros para nen@s e unha mostra fotográfica solidaria d@s alumn@s do proxecto http://www.nosomundo.com/

12.30h concerto e pasarrúas dun grupo de percusión africana.

14.30h xantar benéfico couscous (cuscús para os que non sabemos idiomas) con polo e verduras a 5 euros.

17.30h charla Inmigración-integración, intervirán Samba Diallo (inmigrante senegalés),Chispón (educador social e artista) e moderará Gabriel Tizón (fotógrafo).

Durante toda a tarde haberá na Praza da Calzada actividades para @s nen@s.

19.00h concerto do grupo eumés Infussión na Praza da Calzada.

20.00h concerto de Los Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers e La Pegatina na Sala Coliseo. A entrada será de 6 euros.

O diñeiro que se recade irá destinado o proxecto http://www.nosomundo.com/ e á compra de tea para a confeción de mosquiteiras para a prevención da malaria en Guinea Bissau.

viernes 9 de enero de 2009

-XIV Festival Treme a Terra-

O vindeiro venres 16 de xaneiro, a partires das 21:30 h, terá lugar o XIV Festival Treme a Terra, no que actuarán Betagarri, Chámalle Xis, Arenga e Magnifique Bande. O festival será na polideportiva do Parque Sarmiento.

Vémonos!

jueves 8 de enero de 2009

-Concentración solidaria co pobo palestino-

Bo día
Quedades convocadod@s a concentración que se vai realizar o venres 9 ás 20.00, en solidariedade co pobo palestino. A concentración será diante do concello, e está apoiada por Treme a Terra, adega, Fusquenlla, Galiza Nova, BNG, A.V. Olmo, A.V. A vila e o Ateneo.
É importante a asistencia pra mostrar a nosa maior repulsa a estos ataques do terrorismo sionista contra a poboación de Gaza.
SAÚDE. GALIZA CON PALESTINA. PAREMOS O TERRORISMO SIONISTA. GA li ZA.

jueves 25 de septiembre de 2008

-Sobor das tapas da toma de auga-

¿Quén sabe ónde van as tapas da toma de auga da rúa real? ¿Levaríanna os iluminados que con nocturnidade e alevosía "secuestraron" o busto de D. Ulpiano Villanueva o pasado domingo? ¿Canto sacarán por elas no mercado negro? Se pagan o kilo a 3,05 €, ¿chegaralles para pagar a gasoliña con esas tapas? ¿Por qué non se levaron á "queixeira" da Praza do Pan? Xa sei que non é bronze mazizo, pero fea é a esgallo, de paso que se leven as macetas que puxeron na rúa Couceiro Freijomil, que nun principio servían para que non pasasen os coches e para adornar; agora serve coma retrete para gatos, cans e "animáis" botelloeiros. Tamén se poderían levar todos os bolardos que afanosamente se puxeron no pobo para delimitaren as rúas peonís, e que neste pobo son invisibles. Os contedores subterráneos que os deixen, non fan bonito, pero, se xa emerxe deles un fedor considerabel, ¡cánto máis se nos deixan sen eles!

P.D.: A máquina de profilaccticos ex-sita na rúa Couceiro Freixomil nº8, pertencente á parafarmacia, que non vaian a por ela, xa que non a volven a poñer (polo de agora), despóis de que a arrincaran e levaran por dúas veces casi consecutivas. ¿A levaría Robinho pensando que en Inglaterra non teñen "capuchinhas" suficentes para él?

jueves 11 de septiembre de 2008

-Final do III concurso Toca con Nós-

Inda que esta nova non vaia facer que o pobo rexurda das súas cinzas, algo ten que ver con él.


Mañá día 12 de setembro, a partires das 22:00h en San Valentín (Fene), terá lugar a final do III concurso "toca con nós", que argallan a organización do FeneRock. Nel participarán os grupos: Sherpannk (Ferrol), Rey Mugre (Pontedeume) e Ta'Crack (A Coruña). Como peche a esta edición do concurso, tocará a banda-homeaxe a Queen, Mckuin.

O día 13, será o VI Fene rock Festival, no que actuarán Lady Evil, Black Rose, Riff/Raff e, como colofón Sherpa (ex baixista de Barón Rojo).
A entrada ámbolos dous días será de balde e baixo unha carpa, e haberá zoa de acampada libre.
Pois nada, haberá que estar aló animando ó produto autoctono do eume. Vémonos!!

sábado 23 de agosto de 2008

-III Festival de Jazz Pontedeume-

Outro ano máis xa está argallado o Festival de Jazz Pontedeume, e xa vai polo terceiro.

Desta volta, serán 3 días de concertos:

-O xoves 4 de setembro haberá un concerto no pub O'Trasteiro co grupo Hot Kawa Club a partires das 20:00 h, e, as 00:00h, na Sala Coliseo, haberá unha Festa Acid Jazz + o sorteo das rifas que están a vender a asociación.

-O venres 5 de setembro, na Sala Coliseo, o concerto correrá a cargo dos grupos Jacobo de Miguel Quarteto e Sumrra, a partires das 22:30 h e, o remate destes haberá unha xoldra jam Session, para @s que queirades participar.

-O sábado 6 de setembro, a partires das 12:00 h farase unha sesión vermouth na Praza da Calzada, na que haberá Chili & Crepes feitos por Frank (dono e cociñeiro do Ratatouille - na Coruña-); as 22:30 h dará comezo o último dos concertos desta edición que correrá a cargo dos grupos A MAgnifique Bande des Homme Sans Peur, Miñor Swing, Rendez-Vous project e Organic Collective, na Praza da Calzada.

Vémonos durante os 3 días!!

Nota: o carteze non é así. Debo ter algún problema no ordenador que me o saca en cores azúis e non se ven as letras de arriba.