Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

miércoles, 30 de marzo de 2011

-Brainstorming en concerto-

O vindeiro venres 8 de abril, a partires das 22:30h, o grupo eumés Brainstorming, actuará na Casa Okupa da estación de Pontedeume. A entrada custará 4 € e haberá pinchos de chourizo ó viño de valde, ademáis do agasallo dun disco vinilo dun grupo vinculado á Fonográfica pola merca dunha entrada.

 Este evento forma parte dos concertos que se veñen a desenrolar pola plataforma "La fonográfica general" que pretende grabar un disco en vinilo, co diñeiro acumulado das entradas os concertos, dos grupos eumeses agregados a dita plataforma.

"La fonográfica general" creouse en Ferrol fai uns anos, e funcionou tan ben que se exportou a Xixón, Madrid, Mallorca, Barcelona, Valencia e Compostela, sendo Pontedeume o derradeiro sitio (polo de agora) no que tamén se leva a cabo.

Sen outra, vémonos na okupa o vindeiro 8 de abril!!


1 comentario:

Anónimo dijo...

Casa okupa na estación de Pontedeume? Manda carallo...