Onte chegoume a traveso do correo electrónico a información sobor dun obradoiro de informática que vos paso a comentar.
O Concello de Pontedeume en colaboura coa Rede de Dinamización de Sociedade da Información, celebra os vindeiros 13 e 14 de Setembro, en FOREMDES, un obradoiro de saúde na rede.
A actividade dividirase en dúas sesións de dúas horas cada unha(de 10 a 12 da maná) e trataranse contidos tales coma tramitar a tarxeta sanitaria, información sobre alimentación e nutrición, hospitáis e farmacias de garda, ou cómo manterse en forma entre outros contidos; todo a traveso de internet.
As persoas interesadas, poderanse inscribir no departamente de Servizos Sociáis do Concello. O prazo da inscripción remata o día 12 de Setembro ás 14h.
O único requisito para apuntarse é ter coñecementos básicos de navegación por internet.
(Enviado por Bárbara Fernández)
O que non sei é se é de valde ou hai que pagar algo, esperemos que nolo confirme.
jueves, 6 de septiembre de 2007
-Obradoiro de saúde na rede en Pontedeume-
Publicado por
Richi
en
11:52
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Ola todos e todas. Este obradoiro ó igual que todos os que leva feitos o concello de Pontedeume en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Xunta de Galicia, son totalmente de balde.
E comentar tamén que seguirá habendo obradoiros deste tipo (iniciación a informática, internet, correo electrónico, blogs...).
Se alguén se quere poñer en contacto conmigo pode facelo a través do tlf: 981 433 288 ou ben a través do correo: barbara.pontedeume@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.
Tamén podedes pasar pola oficina, nos servizos sociais.
Por certo, tamén se aceptan propostas.
Un saúdo a todos e todas.
Publicar un comentario