¡Qué ben! O concello parece que está a facer unha campaña de recuperación das antigas costumes.
O pasado mércores estivo máis de medio pobo sen auga dende a madrugada ata ben entrado o serán. Parece ser que foi a causa dunha avería (outra máis) na Praza da Calzada... E os veciños tivemos a ocasión de ir ás fontes, como antigamente, a encher as sellas có insípido líquido, namentres parolábamos esperando o turno...
... E, a noite anterior, varias rúas do centro do pobo, estiveron sen luz pública (outra vez) toda a noite. Como aínda non está ocupado o posto de sereno, non houbo quen poidera acender os candís das farolas, e tampouco poidemos chamalo para que nos abrise as portas das nosas casas. Unha mágoa...
Pero bueno, isto mesmo pasaba co anterior goberno, e, dáme na alma, que pasará igual có vindeiro. En fin, todo seña por recuperar os antigos usos. Entre outros usos, creo que tamén nos deixarán a medio pobo sen tele dentro de dous anos, xa que o repetidor do castelo case que colle as ondas en branco e negro... e non chegan para poder sintonizar o TDT. ¡Mellor!, así voltamos á antiga costume de contar historias diante da lumbre dempóis da cea...
¡Bó fin de semana pra tod@s!, e, recordade (os que se dean por aludidos): non emporquedes o pobo máis do que xa está.
P.D.: Grazas a tódalas vosas visitas, este blog xa leva máis de 2000 entradas: ¡GRAZAS!
sábado, 22 de septiembre de 2007
-Antigas costumes-
Publicado por
Richi
en
17:17
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario