Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

sábado, 10 de noviembre de 2007

-A saturación do feirón-

¿Para cando unha regulación do Feirón?

Aquí calquera pode poñer o seu "chiringuito" onde quera, dá igual. Moitos deles non teñen nin licencia.

Hai rúas nas que nin sequera pode pasar un coche, a non ser que se aparten os "top manta", que campan as súas anchas por toda a feira (que non feirón).

¿Para cándo unha regulación?

¿Por qué non eliminar moitos dos postos de confección e poñer no seu lugar produtos artesanáis?, porque, na miña modesta opinión, arredor deses produtos debería xirar o enfoque desta feira cada vez máis deostada.

Abráiame ver cómo os municipáis e o mesmo encargado da regulación e pago dos postos ambulantes, pasan por diante de moitos destes facendo a vista gorda nos que non están regulados, índa por riba, vendendo produtos falsificados. Abráiame tamén, ver cómo "cobran" en cd's para deixar que os "top manta" segan no seu sitio (e sen pagar a súa correspondente "parcela ambulante").

Parece mentira, pero é verdade: os que máis se queixan desta situación son a propia asociación de feirantes, e xa hai algún dos que viña asiduamente tódolos sábados, que agora xa case nunca ven.

Nin goberno novo, nin goberno antigo: ¿para cándo unha regulación?

7 comentarios:

Eumes dijo...

Teñes todo o meu apoio. Unha aperta.

Anónimo dijo...

mmm...confección por productos artesanais? non poderiamos ser mal pensados?

Richi dijo...

Cada quen que seña tan mal pensado como quera (ou coma sempre), o certo é que nin a min nin a ninguén que venda produtos confecioados, vainos dar máis nin menos do que agora nos dá.

O único que pretendo con este post é que se regule o feirón dunha vez por todas. A mitade dos postos sobran, é máis, nin son legales.

¿Por qué non ocupar ese postos con produtos artesanáis?

Anónimo dijo...

pregunta nas tendas da vila onde se venden estos productos a ver que lles parece a túa proposta

Richi dijo...

Eu creo que todo é cuestión de falar. ¿De verdade cres que este feirón vai ben? Ou se lle dá un xiro ou acabará morrendo.

Alguén xa comentou nunha reunión de UCOA a posibilidade de facer o feirón só os sábados pola mañá... Supoño que iso sinificará algo, ¿ou non?

Richi dijo...

...e, por certo, as tendas que vendan produtos artesanáis, tamén poderían ter o seu espazo no feirón, ¿por qué non?

Anónimo dijo...

mmm...cando baixo ao feirón algún sábado sempre o vexo cheo de xente a verdade; ¿non se trata diso? penso que tes a túa razón para querer que a situación troque, pero non a expós con demasiada claridade.