Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

sábado, 13 de octubre de 2007

-¿Qué din os rumorosos?-

O pasado xoves, o ruxe ruxe do pobo, foi a colocación dunha bandeira española de considerable tamaño todo ó longo do balcón do concello. A uns poucos pareceulles estupenda a idea, a outros moitos non.

"Somos españoles y tenemos que estar orgullosos de la patria. El día 12 todos a la calle a demostrar que defendemos nuestra bandera".

Máis ou menos isto é o que nos viña a decir durante toda a semana o traballador do goberno que non chega a fin de mes: o Sr. Rajoy (ou dajoy). O resultado xa se viu. Só faltou a presenza do xeneralísimo e os polos nas bandeiras. Unha mágoa. Vinte anos de democracia vertidos polo retrete... ou iso quixeran algúns morriñentos da represión.

Manifestacións que rozaron o fascismo (algunhas non o rozaron, se non que o foron -fuerza nueva, falange-). Non entendo que nestos días de democracia, no que temos dereito a opinar sen seren reprendidos, haxa quen queira voltar ós toques de queda, ó silenzo, á escuridade.

O que me parece triste é que se loite por unha bandeira. Somos poucos, pero algún hai, que renegamos delas. Só traen odios e rencores.

Hoxe xoga a selección española de fútbol, e eu vou contra dela. Por ese feito, son un traidor.

Cando xoga a seleción galega de fútbol, tamén vou contra dela. Tamén son un traidor...

...Eu prefiro chamarme renegado. Ninguén vaime impoñer unha bandeira, a non ser que haxa outra represión... e índa así habería que velo.

Este post, vouno asinar coma un eumés ó que lle impoñen ser galego, español e europeo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Home tampouco e pa poñerse así.
Somos galegos, pero tamén españoles.Non nos deberia parecer mal,(vamos a min no mo parece).
Como puxen noutro sitio,pareceriame mal que puxeran unha estranxeira, pero esta tamén e nosa.
Penso que estamos dandolle moita importancia e algúns aprobeitan pa votarlle leña o lume.

Saudos e bon fin de semana a tod@s.

Anónimo dijo...

somos galego e tamén españois? amigo meu, legalmente somos españois, pero en cuestión de sentimento ninguén pode obrigarme a sentirme cidadán dunha patria que considero alleia, iso non se conquire nin con papeis nin con pistolas