Hoxe estou de loito: perdín o meu dereito a protestar no concello (si é que algunha vez o tiven, claro).
Foi unha xornada electoral moi dura pra min. Levanteime, mirei pola fiestra... chove: non vou. Comín... fai sol...mmmm vou meditar un pouco máis: vou. Ponse a chover outra vez: non vou.... e así toda a longa tarde.
Foi unha loita constante, coma cando se quere deixar de fumar. Tes o tabaco ao carón, votas a man e o volves deixar. Pois así estiven eu. Agora xa pasou.
Para as próximas xa verei, a ver que fai o novo goberno e, se tal, vou índa que caia o diluvio universal.
Pois nada, agora a esperar resultados. Pra os políticos debe ser coma o pai que espera o parto do seu fillo. Pra min é coma esperar que che quiten unha moa... En fin, o dito: sorte pra todos (que ímola necesitar).
domingo, 27 de mayo de 2007
-Agora queda o máis duro: a espera-
Así quedaría o suposto goberno que "eleximos" entre os seis comentarios:
BNG: 2'6 concelleiros
PP: 3 concelleiros
PSdG: 3'3 concelleiros
TeGa: 1'16 concelleiros
COE: 2 concelleiros
IP: 0'8 concelleiros
Publicado por
Richi
en
18:37
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario