Dempóis da resaca de alegrías e decepcións que onte houbo no pobo, parece que xa hai goberno (quen diría que ían tardar tan pouco en pactar, ¡se é que lles ferve o cú por sentar no trono a todos!). Pra quen non sepa aínda, que o dubido, cómo quedaron estas eleccións eiquí, pois estes foron os resultados:
PP: 4 concelleiros - 1.470 votos 28.67% (1.468 nas pasadas eleccións)
PSdG: 3 concelleiros - 1.112 votos 21.68 % (1.327 nas pasadas)
COE: 3 concelleiros - 1.103 votos 21.51% (1.071 nas pasadas)
BNG: 2 concelleiros - 916 votos 17.86 % (1.153 nas pasadas)
IeP: 1 concelleiro - 328 votos 6.4% (432 nas pasadas)
TeGa: 0 concelleiros - 56 votos 1.09% (nas pasadas non se presentou)
Abstención: 2.686 abstencións 34.06% (30.6% nas pasadas)
Votos en branco: 143 votos 2.75%
Votos nulos: 72 votos 1.38%
Pois sí, estimados veciños, parece que é casi oficial (enterareime mellor) que o PP e o COE fan coalición, co cal xa temos goberno pra os vindeiros catro anos.
Parece incríble que o COE poidera pactar, xa que este grupo sempre dixo que non pactaría con ninguén. E eu me pregunto: ¿seguirán a facer os panfletos criticando ó concello agora que están no goberno? Polo contrario: ¿será agora o ex-tripartito o que nos agasalle cos panfletos?
Que o demo nos colla confesados a todos e que, pase o que pase, seña pra ben. Se non, dentro de 4 anos debería de haber outras eleccións.
E como xa dixen noutros comentarios, case tódolos partidos tiraron campás ó vó dicindo que ían gañar e, o final, pasa o que pasa: o pobo fala e, se supón, ten a razón.
1 comentario:
BNG: VOTO DE CASTIGO
PP: LA VIDA SIGUE IGUAL
PSDG: ALGO HABRAN HECHO MAL
IdeP: PARA LAS PROXIMAS, DESAPARECE
TEGA: NI SIQUIERA JUGO EL PARTIDO
COE: 32 CABREADOS MAS
CIGARRILLO & CAÑA
Publicar un comentario