Non imaxino a resaca xeral que haberá hoxe en todo o pobo. ¡Se parecía que ate estabamos en festas! Vamos, que nin nas festas argallan tantos espectáculos coma onte nun só día.
Eu ó final negueime a pisar nin unha sóa das romerías urbáns. ¿Pra qué? Preferín meterme nun establecemento e papear finamente con coitelo e garfo e logo tomar algunha copiña polos bares valeiros (co cal deduzo que foron un éxito as comilonas partidarias).
Alégrome das vitorias que acadaron todos onte. Mañá será outro cantar.
Así que, como hoxe é día de reflexión, o feirón estará algo soso. Xa estabamos acostumados a ve-las facianas de felicidade dos selecionados repartindo propaganda por doquier, previo sorriso de orella a orella (só lles faltaba mover o rabo).
Pois nada, nada. Reflexionade ben, que mañá é o gran día. Ata entón, déixovos o mel nos beizos: ¿cal de vos conquistará o trono que se agocha tras estes muros?
No hay comentarios:
Publicar un comentario