Unha mágoa, pero é así: remataron as nosas festas... e tamén os mexos, cristáis, polbo, vomitonas,... , bueno, polo menos ate ó vindeiro fin de semana. E eu pregúntome: ¿ata ónde pode chegar o civismo da xente? A min mexáronme na porta do negocio, chegando a entrar os mexos no mesmo, e apunto de estropearme as mercadorías que ahí tiña.
¿Qué me diría o rapaz ou rapaza se lle mexara eu na súa play-station? ¿Acaso non hai suficientes bares cos seus respectivos baños pra o seu uso? Non o entendo. ¿E se no momento do acto "vexigal" pasaran por ahí os seus pais, diríanlle algo?... Unha vergoña.
Tanto para o ben do meu negocio coma para o resto do pobo, ¡un pouco de sentidiño, que non temos 5 anos!
Polo demáis, felicitacións á organización das festas (inda que houbo moitos "despistes", supoño que debido o pouco tempo pra argallalas) e para o vindeiro ano, a melloralas.
miércoles, 12 de septiembre de 2007
-Remataron as festas-
-Cursos e xornadas da asociación Breamo-
A asociación de veciños Breamo de Vilar-Campolongo, ofértanos uns cursiños e xornadas para este outono-inverno 2007-2008, e que son os seguintes:
1. Curso de plantas medicináis (iniciación á fitoterapia e cosmética natural), que será impartido por expertos de Milhulloa (S. Coop. Galega) e terá lugar do 20 de setembro ó 6 de outubro.
2. Xornadas micolóxicas impartidas por expertos da Asociación Micolóxica Viriato. Terán lugar do 11 ó 28 de outubro.
3. Curso de fruticultura, impartido polo experto divulgador Alberto Varela. Será do 3 de novembro ó 13 de marzo.
O horario habitual será os xoves de 19 a 21 horas no local da asociación. Haberá saídas ó campo e visita á instalación os sábados en xornada de mañá.
Para máis información e reservas, telfs.: 639 421 421 ou ben 652 700 305
jueves, 6 de septiembre de 2007
-Obradoiro de saúde na rede en Pontedeume-
Onte chegoume a traveso do correo electrónico a información sobor dun obradoiro de informática que vos paso a comentar.
O Concello de Pontedeume en colaboura coa Rede de Dinamización de Sociedade da Información, celebra os vindeiros 13 e 14 de Setembro, en FOREMDES, un obradoiro de saúde na rede.
A actividade dividirase en dúas sesións de dúas horas cada unha(de 10 a 12 da maná) e trataranse contidos tales coma tramitar a tarxeta sanitaria, información sobre alimentación e nutrición, hospitáis e farmacias de garda, ou cómo manterse en forma entre outros contidos; todo a traveso de internet.
As persoas interesadas, poderanse inscribir no departamente de Servizos Sociáis do Concello. O prazo da inscripción remata o día 12 de Setembro ás 14h.
O único requisito para apuntarse é ter coñecementos básicos de navegación por internet.
(Enviado por Bárbara Fernández)
O que non sei é se é de valde ou hai que pagar algo, esperemos que nolo confirme.
miércoles, 15 de agosto de 2007
-Concertos 17 e 18 de agosto-

O vindeiro 17 de agosto, a partires das 21h na Praza da Calzada, terá lugar un concerto rock a cargo dos grupos eumeses: Arenga, Maneken Pi e Panacea, que servirá como preludio do II Festival de Jazz Pontedeume, que terá lugar o sábado 18 na mesma praza.
Ambos concertos están argallados polo bar O Abrevadeiro, tal e como argallou o I Festival de Jazz Pontedeume o ano pasado e que coincidira cas Festas das Peras, inda que no libro das festas nin mentaran o nome do argallante, e dera a entender que fora a comisión quen o argallara.
martes, 14 de agosto de 2007
-¿O COE deixa o goberno?-
Hoxe lin no blog do PSdG-Pontedeume que o COE abandoa o goberno eumés: ver para crer.
Xa estou imaxinando o que nos espera os vindeiros 4 anos: anarquía; e máis porque estou vendo como se frotan as mans a oposición.
Unha pena que este pobo sega a ser unha ruína. Creo que me vou censar a outro lado, visto o visto.
Dende a mágoa (non porque abandoe o COE, senón porque este é un pobo de despropósitos), vai un saúdo!
sábado, 11 de agosto de 2007
-García Sande renuncia ás súas responsabilidades de goberno-
Seguramente, a estas horas, moitos blogs eumeses estarán a ferver coa nova: o lider do COE renuncia ás súas responsabilidades de goberno.
Índa levamos dous meses escasos de goberno e xa hai fisuras no seo do COE. A saberes por qué (eu me imaxino algún problema de tipo monetario).
O tenente de alcalde, Fernando García Sande, presentou o pasado día 8 a súa renuncia ó posto de segundo alcalde e ás delegacións de urbanismo, medio ambente, facenda e formación, coa conseguinte paralización de moitos asuntos no concello.
¿Qué pasará agora? Suponse que pasará a liderar o partido o número dous (digo eu), José Juan Filgueiras. E no caso de que quede vacante ese posto... ¿Volverá o tripartito ó ataque?
En fin, dereitas, esquerdas,... ¡para o centro e pra dentro!
Parecía que se estaban a ver cambios con respeto a fai uns meses, pero con esta nova, parece que todo segue a ser igual. Unha pena.
viernes, 10 de agosto de 2007
-Insistindo no arranxo e mellora do repetidor do castelo-
Pois coma xa puxera no meu primeiro post, reclamaba ó Concello a mellora do repetidor de Andrade, xa que moitos veciños do pobo temos unha recepción moi mala, canto máis decir que o TDT nin é capaz de sintonizar ningún canal. O canle 6 non se ve, a 2 cando lle peta... ¡Medo me dá o día que haxa o apagón dixital! ¡Teremos que ir coma antigamente ás casas dos veciños a ver ó 1, 2, 3!
¿E estamos no século 21?, ¿antes ou despóis de Cristo?
En fin, acordéime deste post ó entrar nun foro e ver un comentario do 2006. Eiquí déixovos o link: http://www.foro-ciudad.com/la-coruna/pontedeume/mensaje-236319.html
A ver se se compadecen destes pobres veciños ós que so lles faltaba que as teles foran en branco e negro.
¡Saúdos!
