Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

sábado, 17 de noviembre de 2007

-Insistindo co Feirón-

Sigo na miña teima da regulación do Feirón. Isto está a chegar a límites insospeitados.

Suponse que os "top manta" son ilegáis, e, como tal, non deberían vender os seus produtos coma de queixos se tratara (punto 1: non teño nada contra deles; punto 2: os postos de queixos teñen máis trabas para poñer os seus produtos á venda). O que ía decindo, se non o vexo, non o creo: ¡OS "TOP MANTA" PAGAN IGUAL QUE CALQUEIRA POSTO NO FEIRÓN!

Dito isto, é lóxico que diga que no Concello están a defraudar, xa que están a sacar beneficio dunha venda ilegal, e que non digan que non saben nada (como Gallardón), porque saberen saben, o que pasa e que é máis fácil mirar pra outro lado e seguir camiñando coma se nada.

A miña reflexión é que se neste pobo os "top manta" son legáis... ¡os que venden farlopa, non che digo nada!

¡REGULACIÓN DO FEIRÓN XA!


P.D.: E aproveito tamén para, xa non pedir, senon EXIXIR o arranxo ou o que teñan que facer co repetidor do Castelo, xa que na meirande parte do casco urbán nin sabemos o que é a Sexta.

... E, ¿pra cando o arranxo das rúas do casco?, ¿ata que se mate alguén?... En fin... Nin goberno novo, nin goberno antigo...

sábado, 10 de noviembre de 2007

-A saturación do feirón-

¿Para cando unha regulación do Feirón?

Aquí calquera pode poñer o seu "chiringuito" onde quera, dá igual. Moitos deles non teñen nin licencia.

Hai rúas nas que nin sequera pode pasar un coche, a non ser que se aparten os "top manta", que campan as súas anchas por toda a feira (que non feirón).

¿Para cándo unha regulación?

¿Por qué non eliminar moitos dos postos de confección e poñer no seu lugar produtos artesanáis?, porque, na miña modesta opinión, arredor deses produtos debería xirar o enfoque desta feira cada vez máis deostada.

Abráiame ver cómo os municipáis e o mesmo encargado da regulación e pago dos postos ambulantes, pasan por diante de moitos destes facendo a vista gorda nos que non están regulados, índa por riba, vendendo produtos falsificados. Abráiame tamén, ver cómo "cobran" en cd's para deixar que os "top manta" segan no seu sitio (e sen pagar a súa correspondente "parcela ambulante").

Parece mentira, pero é verdade: os que máis se queixan desta situación son a propia asociación de feirantes, e xa hai algún dos que viña asiduamente tódolos sábados, que agora xa case nunca ven.

Nin goberno novo, nin goberno antigo: ¿para cándo unha regulación?

sábado, 13 de octubre de 2007

-¿Qué din os rumorosos?-

O pasado xoves, o ruxe ruxe do pobo, foi a colocación dunha bandeira española de considerable tamaño todo ó longo do balcón do concello. A uns poucos pareceulles estupenda a idea, a outros moitos non.

"Somos españoles y tenemos que estar orgullosos de la patria. El día 12 todos a la calle a demostrar que defendemos nuestra bandera".

Máis ou menos isto é o que nos viña a decir durante toda a semana o traballador do goberno que non chega a fin de mes: o Sr. Rajoy (ou dajoy). O resultado xa se viu. Só faltou a presenza do xeneralísimo e os polos nas bandeiras. Unha mágoa. Vinte anos de democracia vertidos polo retrete... ou iso quixeran algúns morriñentos da represión.

Manifestacións que rozaron o fascismo (algunhas non o rozaron, se non que o foron -fuerza nueva, falange-). Non entendo que nestos días de democracia, no que temos dereito a opinar sen seren reprendidos, haxa quen queira voltar ós toques de queda, ó silenzo, á escuridade.

O que me parece triste é que se loite por unha bandeira. Somos poucos, pero algún hai, que renegamos delas. Só traen odios e rencores.

Hoxe xoga a selección española de fútbol, e eu vou contra dela. Por ese feito, son un traidor.

Cando xoga a seleción galega de fútbol, tamén vou contra dela. Tamén son un traidor...

...Eu prefiro chamarme renegado. Ninguén vaime impoñer unha bandeira, a non ser que haxa outra represión... e índa así habería que velo.

Este post, vouno asinar coma un eumés ó que lle impoñen ser galego, español e europeo.

sábado, 6 de octubre de 2007

-O pibote malferido-

Esta imaxe,















pertence ó recente momento do atropelo dun pibote situado diante dos Servicios Sociáis, mentras cumpría co seu traballo: o impedimento de que ninguén pase por alí.

O desgraciado do pibote, foi literalmente arrolado e arrastrado debaixo dun coche de protección civil dende a raia branca ata o seu destiño final (non podo especificar se eran proteccion civil de pontedeume ou da ponte palá, xa que non me deu tempo de velo).

Este é o resultado no que quedou o malferido...















E eu pregúntome coa nova lei de tráfico na man: ¿haberá pena de cárcere para eses malfeitores que atropelaron e deixaron á súa sorte a este "traballador" do concello?

En fin, seguramente xa non estará no mesmo sitio, pois impedía a saída de varios coches que alí había aparcados.

Hoxe o levarán de parranda os do botellón dos almacéns, seguro. Verémolo de troula polo pobo (e esperemos que recuperado do "percance").

sábado, 29 de septiembre de 2007

-Polo San Miguel remata o verán-

Pois sí, en Pontedeume, hoxe remata o verán... e o rematamos tal e como o comezamos: de romería. San Migueliño (parte II)... ¡e logo din que segundas partes nunca foron boas!

¡Pasádeo ben e nos vemos (ou non) arriba!

sábado, 22 de septiembre de 2007

-Antigas costumes-

¡Qué ben! O concello parece que está a facer unha campaña de recuperación das antigas costumes.

O pasado mércores estivo máis de medio pobo sen auga dende a madrugada ata ben entrado o serán. Parece ser que foi a causa dunha avería (outra máis) na Praza da Calzada... E os veciños tivemos a ocasión de ir ás fontes, como antigamente, a encher as sellas có insípido líquido, namentres parolábamos esperando o turno...

... E, a noite anterior, varias rúas do centro do pobo, estiveron sen luz pública (outra vez) toda a noite. Como aínda non está ocupado o posto de sereno, non houbo quen poidera acender os candís das farolas, e tampouco poidemos chamalo para que nos abrise as portas das nosas casas. Unha mágoa...

Pero bueno, isto mesmo pasaba co anterior goberno, e, dáme na alma, que pasará igual có vindeiro. En fin, todo seña por recuperar os antigos usos. Entre outros usos, creo que tamén nos deixarán a medio pobo sen tele dentro de dous anos, xa que o repetidor do castelo case que colle as ondas en branco e negro... e non chegan para poder sintonizar o TDT. ¡Mellor!, así voltamos á antiga costume de contar historias diante da lumbre dempóis da cea...

¡Bó fin de semana pra tod@s!, e, recordade (os que se dean por aludidos): non emporquedes o pobo máis do que xa está.

P.D.: Grazas a tódalas vosas visitas, este blog xa leva máis de 2000 entradas: ¡GRAZAS!

-Preescolar na casa-

Inicio do programa “Preescolar na casa - Educar en familia” curso 07-08

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Ensino do Concello de Pontedeume invítase a tódolos pais e nais que teñen fillos e fillas entre 0 e 3 anos a participar na reunión de presentación do programa Preescolar na casa – Educar en familia.

¿Que é “Preescolar na casa”?

“Preescolar na casa” é un programa de formación de pais totalmente gratuito sobre a Educación Infantil, no que os profesionais da educación traballamos xunto coas familias que teñen nenos de 0 a 6 anos.

¿Que obxectivos ten “Preescolar na casa”?

- Que os pais sexan auténticos protagonistas á hora de mellora-la educación dos seus fillos con métodos sinxelos.

- Que os nenos desenvolvan as súas capacidades no medio familiar durante os primeiros anos da súa vida.

- Que pais e fillos manteñan contacto con outros nenos e adultos.

Para isto “Preescolar na casa” fai reunións quincenais nas que se propoñen actividades moi prácticas para a vida cotiá, nas que participan os pais cos seus fillos xunto coa mestra-orientadora; e nas que tamén se tratan cuestións básicas de hábitos dos nenos: a alimentación, o sono, a hixiene,etc, apoiadas por diversos medios educativos.

Para infomar a tódalas familias da zona máis polo miúdo de cales son os obxectivos e as actividades que se desenvolven, vanse celebrar dúas xuntanzas:

Lugar: Centro Municipal de Maiores. Pontedeume

Data: 27 de setembro de 2007 ás 16:00 horas.

Lugar: CEIP Boebre.

Data: 26 de setembro de 2007 ás 16:00 horas.

Máis información: Servizos Sociais Concello de Pontedeume

(Enviado por Servizos Sociáis de Pontedeume)