Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

miércoles, 1 de agosto de 2007

-Irisarri e o seu soldo irrisorio-

Parece ser que Touriño quere pactar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha lei para razionalizar os soldos dos alcaldes: paréceme ben. ¿E que tal outra para os presidentes...?

Sería estupendo que os traballadores tamén nos autoimpuxéramos o salario a percibir. Xa me imaxino chegando ó traballo e decirlle ó xefe: a partir de hoxe paso de cobrar 1.500 € a cobrar 5.800 €, xa que teño dedicación exclusiva neste traballo...

... Xa sabedes ónde me ía a mandar o xefe...

... ¡directo a unha ETT, fixo!

Namentres, o señor Irisarri, actual e "exclusivo" alcalde de Ferrol, autoimpúxose un soldo de 73.000 € ó ano. ¡Non me podo crer que índa hoxe haxa xente con tanta cara!... e se queda tan ancho.

Eiquí no pobo, parece ser que se botaron para atrás co da dedicación exclusiva e o deixan para máis adiante. Será que escoitaron botar pola boca "culebras e sapos" a medio pobo, non sei. O caso é que non creo que se autoimpoñan unha millonada. O que deberían cobrar no primeiro ano tódolos alcaldes, sería o salario mínimo, coma todo o mundo que comeza nun traballo (polo xeral) e, ano a ano, ir subindo ou baixando o soldo dependendo do rendemento que teña no seu posto de traballo. Así sí que sería xusta a dedicación exclusiva.

Un saúdo!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Richi pois eu non estou de acordo, Penso que a idea de Torito é boa, ainda que a idea foi do PP, non ten tantas luces o noso presidente.

Eu creo que un alcalde ten que tr un bó sueldo, é un posto de moita responsabilidade, que pode cobrar máis ou menos é outra cousa, pero a min como si cobra 5000 euros o mes, si vexo que o meu pobo , esta a funcionar e se esta a a traballar ben.

Outra cousa é como sucedía antes, que o pobo estaba feito unha merda, e Rei e Balarmino cobraban medio kilo o mes por ir ali a nada.

Despois abrense outros debates, se supón que se cobrará segundo a poboación, a extensión do municipio, pero logo...

Acaso non ten Irisarri , moita máis xente o seu carón trballando exclusivamente para él , cousa que non pasa en outros concellos máis pequenos.

Bueno, noraboa polo blog.


Saudos

Richi dijo...

Está ben o que dis, pero como non sabemos cómo vai ir o concello nestes anos, o mellor e que se incremente o soldo do alcalde segundo faga as cousas (digo eu), esté o partido que esté na alcaldía.

Por exemplo, un representante cobra polas ventas que faga, cantas máis faga máis cobra.

Se o fan ben, que cobren ben, claro que sí... noutro caso...

Anónimo dijo...

Entón para ti ¿ cal sería o sueldo base para iniciar a andadura, nun concello?

Porque tamén habería que ver o estado no que se atopaba ese ocncello na hora na que se tomou a posesión, caso como por ex. o noso.

Estou de acordo que cobrar según incentivos, sería o ideal, os partidos fan uns programas, e por esto que a maioría dos seus votos, veñen de ese programa, pois unha boa idea de cobrar sería según cumplisen os puntos que teñen en ese programa.

¿Qué che parece a idea?

Saudos

Richi dijo...

Creo que non é competenza miña decir o salario base que deberían cobrar os alcaldes. Eso tiña que sair da Xunta ou do Goberno central.

A partir dese salario base, ir incrementándoo segundo vaian cumprindo co seu traballo, que é a mellora e mantemento do pobo. Catro anos deberían de dar para ter un bó soldo, sempre e cando se fagan ben as cousas, claro.

E, por certo, moi bó o plantexamento de cobrar segundo os puntos que vaian cumprindo do seu programa electoral.

Saudos!