Paréceme incríble a reación que está a ter o aínda equipo de goberno do pobo dempóis da perda da alcaldía. ¿É que sabiades que o estábades a facer todos mal e non decíades nada?... Claro que sí.
Que botemos "merda" contra o concello o pobo ten o seu aquel, pero que entre vós esteades a botarvos as culpas do "ben" que ía o pobo... ¿E logo vos queixades de perder?
Eu creo que acepta-la derrota sen máis sería o mellor pra todos, que isto xa está comezando a parecer un programa de dimes e diretes da tele amarela, ¿ou é que ó mellor fastidia perder eses postos de privilexio porque tra-los muros da casa do concello hai algún misterioso tesouro do cal os mortáis deste pobo ignoramos?
Por outro lado confirmar que IeP non formarán parte do goberno municipal.
¡A ver se hai un pouquiño de senso e comezades a mirar todos polo pobo en vez de polo voso peto!
miércoles, 30 de mayo de 2007
-¿A tortas pola perda do goberno?-
martes, 29 de mayo de 2007
-Catro anos de reflexión-
Parece incríble, a lo menos extraño, que a día de hoxe (máis vale tarde que nunca) tanto PSdG coma BNG fagan unha reflexión do por qué perderon tantos votos. Pero, ¿acaso non vos víñamos avisando todo o pobo do mal estar xeral que había ca política municipal que estabades levando a cabo?
Tedes 4 anos pra desface-lo entorto no que vos metichedes a base de ben. Pra reorganizarvos e propor novas alternativas pra mellora do pobo, se é que o goberno entrante non é quen de desfacer este semi-caos.
Por outra parte, chegáronme novas de que IeP desexa entrar a formar parte do novo goberno xunto có PPdG e o COE. Non sei se son certas ou non, pero ahí está a política: diñeiro e poder. Da igual con qué grupo político se fagan tratos mentras se poida un beneficiar.
lunes, 28 de mayo de 2007
-... e Pontedeume faló-
Dempóis da resaca de alegrías e decepcións que onte houbo no pobo, parece que xa hai goberno (quen diría que ían tardar tan pouco en pactar, ¡se é que lles ferve o cú por sentar no trono a todos!). Pra quen non sepa aínda, que o dubido, cómo quedaron estas eleccións eiquí, pois estes foron os resultados:
Pois sí, estimados veciños, parece que é casi oficial (enterareime mellor) que o PP e o COE fan coalición, co cal xa temos goberno pra os vindeiros catro anos.
Parece incríble que o COE poidera pactar, xa que este grupo sempre dixo que non pactaría con ninguén. E eu me pregunto: ¿seguirán a facer os panfletos criticando ó concello agora que están no goberno? Polo contrario: ¿será agora o ex-tripartito o que nos agasalle cos panfletos?
Que o demo nos colla confesados a todos e que, pase o que pase, seña pra ben. Se non, dentro de 4 anos debería de haber outras eleccións.
E como xa dixen noutros comentarios, case tódolos partidos tiraron campás ó vó dicindo que ían gañar e, o final, pasa o que pasa: o pobo fala e, se supón, ten a razón.
domingo, 27 de mayo de 2007
-Agora queda o máis duro: a espera-
Hoxe estou de loito: perdín o meu dereito a protestar no concello (si é que algunha vez o tiven, claro).
Foi unha xornada electoral moi dura pra min. Levanteime, mirei pola fiestra... chove: non vou. Comín... fai sol...mmmm vou meditar un pouco máis: vou. Ponse a chover outra vez: non vou.... e así toda a longa tarde.
Foi unha loita constante, coma cando se quere deixar de fumar. Tes o tabaco ao carón, votas a man e o volves deixar. Pois así estiven eu. Agora xa pasou.
Para as próximas xa verei, a ver que fai o novo goberno e, se tal, vou índa que caia o diluvio universal.
Pois nada, agora a esperar resultados. Pra os políticos debe ser coma o pai que espera o parto do seu fillo. Pra min é coma esperar que che quiten unha moa... En fin, o dito: sorte pra todos (que ímola necesitar).
sábado, 26 de mayo de 2007
-Xornada de reflexión-
Non imaxino a resaca xeral que haberá hoxe en todo o pobo. ¡Se parecía que ate estabamos en festas! Vamos, que nin nas festas argallan tantos espectáculos coma onte nun só día.
viernes, 25 de mayo de 2007
-¿Iremos ceados pra cama de valde?-
Onte comentou alguén que, como estabamos todos convidados a degustar certa variedade de productos gastronómicos (cortesía dos futuribres concelleiros), ía levarse un "tápergüer", enchelo das ricas viandas e papalas na casa, que é onde mellor se está con este tempo.
Eu non sei se seguirlle o exemplo e arramplar con todo o que se me poña por diante (previa cata do viño do país), así non teño que darlle voltas ós miolos pra ver qué vou cear. Ademáis, non haberá moito que andar, xa que 3 das festas van a estar unha detrás doutra e, as outras 2, unha un pouco máis prarriba e a outra un pouquiño máis abaixo... A 6ª en discordia quedará un pouco máis lonxe, e tampouco se sabe a ciencia certa se convidarán a algo.
En fins, hoxe, quen quera, vai ir ceado pra cama de valde.
¡Vivan os fináis de campaña apoteósicos!
-Derradeiro día de megáfonos-
Chegamos ó derradeiro día de megáfonos andantes (ata as 23:59:59h, claro). Mañá vai ser o día da calma que preceda á tempestade. Sorte pra todos (eu incluído).
Hoxe tería que ser o día das festas de despedida, pero chove. Máis de un terá que atopar outro xeito pra argalla-la festa (almacéns de Raxoi é unha boa idea jejejejeje). Pois nada, namentres, outros dan mítines polos bares. Xa se sabe, mentres parlotean os políticos te tomas unha caña e a xogas ós dados co camareiro, que é máis divertido.
Eu prometo que a noite do domingo vou tomar os caramelos repartidos polos grupos políticos (non me atrevo a tomalos antes, que habelas hainas). Tomaréinos á espera dalgunha nova sobre quen vai por diante ou quen non vai. Nerviosismos, cagaleiras, ruxe-ruxes polos catro puntos cardináis. ¿Vitorias ou fracasos?... a providencia o dirá.
Ata entón: paciencia.
jueves, 24 de mayo de 2007
-¡Atov!-
(atov)
¡Hoxe na prensa saltou a bomba electoral!: os almacéns de Raxoi serán municipáis por 216.000 €
(atov)
216.000 € traducidos nas incaducas loiras fan un total de cerca de 36.000.000 délas. Vamos, un choio.
(atov)
Xa custa ese diñeiro (ou máis) mercar un piso de 80 metros cadrados, cando cada un dos almacéns ten 120. Si o sei o merco eu, que sempre quixen ter "queli" ó carón do mar.
(atov)
Pois nada, agora a ver a qué os destiñan. ¿Deixarannos de portas abertas pra que os do botellón non se moxen os días de choiva?, ¿farán "pisos" de protección?, tamén poderían facer aparcamentos ou utilizalo como punto limpo (que xa o é),....
(atov)
Veremos o que pasará con eles nun futuro non se sabe se cercano ou lonxano.
miércoles, 23 de mayo de 2007
-Só 3 opcións válidas (pra min, claro)-
Bueno, 4 días pra decidir entre as 9 opcións que teño... Vou descartar 6 délas (¡á papeleira de reciclaxe con elas!). Co que só me quedan 3: abstención, voto nulo ou voto en branco...
...Hai moito no que divagar e o tempo bótaseme enrriba. E vós, ¿xa tedes decidido o que vades facer este domingo?
P.D.: O día que a política deixe de ser partidista, voltarei a crer nela... namentres, seguirei sendo APOLÍTICO.
martes, 22 de mayo de 2007
-¿E tí cómo cres que quedarán estas eleccións?-
Pois sí, home sí. Xa estamos a entrar na recta final. Tan só 5 días, 5 longos días, pra saberen o que nos depararán os vindeiros 4 anos.
Menos mal que só son 3 días de seguiren escoitando os megafonos das rulots (¡que parece que os candidatos viven dentro dos coches!) e de ler "eu prometo", "eu fixen", "eles dixeron",... Seguramente o venres nos agasallen con mexilonadas ou sardiñadas... pero ate as 00:00h do sábado, que hai que reflexionar (¡e moito!).
As previsións non son moi boas cara ó domingo: dan choivas en toda Galicia (un motivo máis que suficiente pra non levantarse da cama). ¿Será o preludio de algo?
Pois sí, home sí; que rematamos outra precampaña de dimes e diretes que o final quedan en papel mollado (nunca mellor dito, sabendo que meteogalicia predixo borrascas).
Eiquí déixovos a miña predicción dos resultados:
BNG-3 concelleiros
PP-3 concelleiros
PSdG-3/2 concelleiros
TeGa-2 concelleiros
COE-2/1 concelleiros
IP-1 concelleiros
(Creo que en total ten que haber 13 concelleiros, pois máis ou menos estimo que sairán entre as dúbidas do PSdG e COE).
sábado, 19 de mayo de 2007
-Caramelos superpoderosos-
¡Horror, chegou o día e índa non pensei o que pedirlle ó Excelentísimo!... Creo que lle vou pedir unha milagre pra resaca. Non volvo sair un venres (non me creo nada).
Esperemos que reparta caramelos deses que non che poñen nin de qué son. ¿Levarán algunha sustancia rara que te incite a votarlles? Trouxéronme os caramelos do PP, pero non me atrevo a tomalos. Pero pensándoo mellor: se me tomo unha inxesta de tódolos caramelos que repartan os partidos podo acadar algún superpoder... como moito unha diarrea (así polo menos podo laiarme).
Pois nada, que haxa sorte pra todos, que a merecedes.
P.D.: ¿Por qué no blog do PP os comentarios antes de publicalos pasan pola "censura"? Deberían estar abertos a calqueira crítica, pra iso nos queren representar a todos... ¿ou non? Dende aquí lles recomendo que deixen poñer todo o que pense a xente.
-Relaxamento mental antes de ir a durmir-
Quedan días de ver anooooss!!!! (sic amar-al (que non amar-al-ferrol, cos meus respetos ós ferroláns).
Este, penso, vai ser ou a miña desgracia blogoilóxica ou a miña a-consagración.
Ante todo, as miñas desculpas ó BNG-Pontedeume por dicir que estabamos "convidados" á churrascada de Centroña... cando, realmente, a churrasca formaba parte das festas da Ascensión de Centroña (miñas desculpas tamén pra comisión de festas de Centroña).
O que dicía, menos mal que índa queda xente ca que poder falar e poñervos a todos a parir. Porque é o que merecedes... e non falo de vos coma persoas (que esperemos que o sexades - algúns seica sí-), se non coma representantes dun pobo que non vos merece (¡...!)
A ver se algún día vos mirades políticamente ós vosos adentros e reflexionades.
A mín dame igual que sexades de dereitas, de izquerdas, do centro, da porta pra diante ou o demo co seu deus latexante... Eu (e moita xente máis) o que quero (e queremos) é que se mire polo noso ben (non polo voso).
Queremos que vos deixedes de cuspir (DISCUTIR, din algúns) o que nunca fixéstedes (nin os uns nin os outros). E o que fixéstedes asumídelo, pra ben ou pra mal... Pero, pola miña borracheira (e non é Breamo), non nos tomedes por GILIPOLLAS, porque non o somos.
E eu pregúntome, ¿pero é que soamente os apolíticos, abstemios, ateos,... (e todo o que comeze polo "a"), somos os únicos que nos damos conta de que o único que sabedes facer e dicir que sodes os mellores?
¡Pois eu son mellor que calqueira de vós! Estarei borracho... pero é que pra falar dísto é moi necesario (peor é parir). Aínda que pra paridas.... (quen cala otorga)
O sábado pasado, viñéronme a traer á tenda propaganda electoral. Viñeron varios partidos. Só un dixo algo lóxico: "deixa de facer crucigramas e lé isto... Bueno, mellor leeo cando váias ó vater... total, pra o que vale..." Eu contesteille que sí, que era pra o única pra o que valía... Quen me-o (de mexar por nós) dixo, seica ríu... Pero, o dito, quen rí último rí mellor... e eu seica non sei rir (rín por min e din ca chove).
Sigo dicindo: que "jañe" o mellor (e o mellor que seña o pobo). Estamos fartos de ser uns puteados e de pagar e pagar e pagar...
Un día destos vou deixar de propor ou pedir. Vou comezar a exixir. Porque isto empeza a ser terra de ninguén. Ate un can ten máis dereito ca eu (e non llo reprocho), simplemente eu pago polo que poida face-lo meu can e máis (sobretodooseatelojuro) polo que fan por min (ou iso é o que din).
Non podo dicir o que pago porque me veñan a recoller a basoira (é máis, teño a obriga de levala ós contedores estratéxicamente sitiados, ou situados, xa que sitiados podería ser rodeados polo inimigo) e non me queixo. ¡Pero que índa por riba me chegue o recibo da recollida de lixo, cando día sí e día tamén vexo a rúa chea de merda...!
Votaría por non votar... Xa sei que logo non me vou poder queixar.
Levo toda a miña "ditadura" (dende os 18 anos) votando... ¿pra qué? Quéixome e mexan por eles. Falo e son do bando contrario. Odio a política municipal deste pobo dende que,o meu pobo, empezou unha grande decadencia (E NON ME DIGADES QUE NON... PORQUE ISTO NON É UN POBO).
Bueno, remato porque xa non sei no que divaguei (se é que se escribe así)... Pero, polo menos, vou durmir tranquilo....
...e, ateamente, despídome... CON DEUS! (e mañá o demo dirá).
P.D.: (¡cóma non ía haber posdata- prós entendidos post data-) Tiven que repasar unhas cantas veces este artigo... e seguro que haberá moitos erros... PERDÓN).
viernes, 18 de mayo de 2007
-Feirón Touriñal-
"¡Qué alegría!, ¡qué alboroto!, ¡le ha tocado otro Touriño pidevoto!"
Pois si que... Eu non sei se pedirlle un autografo ou un piso nas posibles novas construccións en Ber. Non o sei... Teño toda o día pra pensalo, que mañá é o gran día (por suposto, hai que darse un baño entre as masas do feirón... ¿mercará algún cd pirata nos top manta?)... Bueno, pra iso xa están os municipáis (¡ah!, ¡non!, a eses llos regalan).
¿Qué virá a facer entón? ¿Dar apertas e sorrisos?, porque seguro que non ten nin idea do que se coce neste pobo... por non dicir que nin sequera sabe dél (todo pode ser).
¿Pra cando unha visita de Madiano e Zapataiser? Mmmmmm... mellor unha de Aznar e que lles dea unha charla ós do botellón, porque mira que estes rapaces... ¡Mercar "don simón" en vez de "marqués de vizoja"!... ¿Ónde se viu? Claro, bebendo viño barato logo se teñen accidentes...
En fins. Trago aire e que seña o que teña que ser.
E dende aquí doulles un toque de precaución ós do BNG-Pontedeume polo publicado no seu blog acerca do mitín que diron o pasado día 14 de maio. Ísto é un extracto do que poñe:
-"Malia ser un mitin moi "madrugador" (a 3 días do inicio da campaña), o acto central do BNG de Pontedeume, celebrado o luns 14 de maio, foi todo un éxito, tanto pola asistencia de público como pola sensación evidente de ser o BNG a forza ganadora das Eleccións. O pobo de Pontedeume abarrotou o Salón de Actos da Casa da Cultura, a antesala e, na maior parte do tempo, as escaleiras de acceso, non cabendo nin unha alma máis."
Que fora moita xente ó mitín (coñecidos e non coñecidos) non significa que vaian gañar as eleccións... ¿150 persoas... 200?... E máis que lles votan e non asistiron. Seguramente si foi alguén dalgún outro partido non lles vai votar (bueno, os transfugas están á orde do día).
Hai que ter un pouco máis de serenidade e non votar as campás ó voo, que logo as caídas poden ser moi duras (isto é pra tódolos partidos en xeral). E, por certo, hoxe fan unha churrascada en Centroña á que estamos todos "invitados".
P.D.: BNG-Pontedeume, tedes unha errata: Ber é o pobo, ver é un verbo (creo...)
miércoles, 16 de mayo de 2007
-As pedras, qué fonitas son-
Por desgracia é o tema de moda en Galicia (e Pontedeume non escapa désa rede): recalificacións, construccións a pé de praia ou en zoas protexidas...
Urbanizacións marbellís, ó fin e ó cabo. ¿Acabouselles o choio aló?: haberá que atopar outra zoa na que foder... E atopárona (có beneplacito dos gobernantes, clarostá).
Eiquí déixovos un vídeo que saquéi do blog http://preguntome.blogspot.com no que uns rapaces (bueno, non tanto) fan unha divertida parodia da destrucción que hai agoramesmo no pobo de Foz.
-Hai debate, digo, DISCUSIÓN-
Pois sí, non están defraudando estas eleccións, coma sempre...
Onte, Anxo Quintana dicía nun blog (non sei se deseu ou do BNG):
"Touriño segue recluído nos seus aposentos, onde por suposto non tén que debater con ninguén. É máis cómodo. Digo eu que polo menos se sentaría diante do televisor a ver cómo outros DISCUTÍAMOS sen medos de ningunha clase."
Discutir, discutir, discutir... Política, nin máis nin menos.
En vez de buscar solucións ós problemas que ten o pobo, DISCUTEN. Discuten no grande circo que é a caixa boba, discuten no miserable circo que é o parlamento (¿de parlar? Non. De discutir). Discuten, e íso é o que realmente importa. Porque cada cal ten a razón. E punto.
¡Sentidiño, leñe!, que índa acabamos de empezar... Non quero saber cómo vai rematar....
martes, 15 de mayo de 2007
-Cuspindo merda, coma sempre-
Coma se dun milagre fose... ¡E se fixo a agua!...
Pero non quería falar deste insignificante adianto da humanidade. Do que quería falar é do que falaron onte Quintana, Feijoo e... o de Lugo en "Hai debate" da TVG.
Eu non o vin, nin tiña pensado ver un debate que non ten lugar (é o meu pensar, claro) nunhas eleccións á alcaldía. É un debate que a min nada me ía aclarar de cara a votar no meu pobo.
Ademáis, nin sequera osei a ler do que falaron na prensa. Chegoume con ler os titulares. Máis do mesmo, en vez de falar de qué carallo queren facer (prometer ou facernos crer que), fixeron o de sempre: cuspirse uns ós outros o que fixeron ou deixaron de facer (sempre pra mal claro - merda de país-). ¿Non poderían ser máis respetuosos os uns cos outros ou, polo menos, cos espectadores que os estarían vendo?... Vai ser que non.
O dito. Máis do mesmo. Todo é cuspir e botar merda. ¡Merda pra min tamén! (índa máis se cabe).
P.D.: Non penso ler ni ver o que dixeron, índa que pensedes que sen facelo non podo falar... ¿pra qué?
-E seguimos sen agua-
15:00h... a auga segue sen aparecer... A este paso ímos ter que pedir subvencións pra comer con culleres, pratos e vasos de prástico... ou ben pra comer no Tino's chicote* (ou como carallo se chame).
Seriedade, calma... seguirei contándovos as peripecias dunha familia sen auga á hora de comer.
P.D.: Vóume laválos dentes na taza do vater (non llo contedes a ninguén) e, deseguido vou ir ate o pilón a fregá-los cacharros, e de paso a facer áugas menores...
*puxen este restaurante porque é un dos que fala todo o mundo últimamente.
-Máis problemas ca agua-
Xa estamos outra vez: 13:00h ¡NON HAI AUGA! ¿Pero é que nos toman a cachondeo?
Onte á noite (noite de domingo a luns) andiveron os de Aquagest pola rúa buscando algo (o de sempre, algunha fuga ou cañería rota, pra variar) e xa nos cortaron a auga. Ata ahí, vale. Entre outras cousas non é tan grave que a corten a esas horas da noite...
...¡PERO QUE A CORTEN A UNHA DO SERÁN SÍ! Deben de crer que a comida faise por arte de maxia, que os pratos se fregan coa area... Non sei.
¿Algún día terán a decencia de rebaixarnos na factura o tempo e as molestias que nos fan pasar?, porque si se nos ocorre non pagarlles a factura ou retrasarnos no pago... ¡MIÑA NAICIÑA!
A ver se teñen un pouco de senso e miran máis o que fan... e a qué horas.
P.D.: Menos mal que o pilón sigue no seu sitio... polo de agora, claro.
lunes, 14 de mayo de 2007
-As mellores propostas de cada partido-
O pasado sábado conseguín algúns dos trípticos que repartiron diferentes partidos polo pobo, e equí déixovos as mellores propostas que vin de cada un deles.
BNG: -Plans de vivenda para a mocidade no casco histórico.
COE: -Ampliación e establecemento dun horario coherente cas necesidades dos usuarios da Biblioteca Municipal.
PP: -Plan de rehabilitación e protección do casco histórico, acompañándoo dunha pavimentación de firmes e enlosados acordes ca tradición histórica de Pontedeume.
PSOE: -Mellora do tratamento fiscal dos autónomos.
TeGa: -Crear o posto de Concelleiro de parroquias.
De IP non teño nada. Non sei se fixeron algún tríptico ou non, co cal non sei qué é o que queren facer.
O dito, isto é só unha proposta que me gostara de cada partido. Só é iso.
viernes, 11 de mayo de 2007
-Comeza a conta atrás-
Pois, si. Xa temos os nosos pobos engalanados cos futuribles rostros gobernantes. É tan bonito e alegre de ver...
Boeno, ironías aparte, comeza a carreira pra a alcaldía. ¡Que gañe o mellor! (o pobo, por suposto)
jueves, 10 de mayo de 2007
-Pegada de cartezes-
Hoxe as 12 da noite comeza a campaña electoral coa pegada de cartezes (índa que algúns a saltaron á brava e xa pegaron uns cantos... ¡Un tirón de orellas pra eles!). Xa temos diversións ata o día 27 de maio: mítines, mexilonadas (sardiñadas no seu defecto), grobos, chisqueiros, camisolas, pirulís, "güiston",... garrapiñadas en definitiva. Fume que hase desvanecer coma sempre, índa que esperemos que desta vez non sexa así (a dúbida ata o final).
Os pardidos políticos que se presentan en estas eleccións por Pontedeume son (en orde alfabético): Bloque Nacionalista Galego - Manolo Rei (BNG); Círculo de Opinión Eumés - Fernando García (COE); Independientes por Pontedeume - Manuel Agras (IP); Partido Popular - Gabriel Torrente (PP); Partido Socialista - Agustín Vilariño (PSOE); Terra Galega - Carlos Gómez (TG).
Eiquí fago unha reflexión: ¿Quén gañará o trono desta vez?... Esperemos que seña o POBO.
Eiquí fago outra reflexión máis: ¿Ata que fecha teñen pensado deixar os cartezes nas rúas?
-A Botella do Aznar-
Sempre haberá unha Botella á que un bébedo se poida agarrar.
03/05/2007 José María Aznar dixo: "A mí no me gusta que me digan 'no puede ir usted a tanta velocidad', 'no puede comer hamburguesas de tanto' o 'se le prohíbe beber vino', déjeme que decida por mí, que en eso consiste la libertad(...)Es como los letreros que dicen "No podemos conducir por ti"(...)¿Quién te ha dicho que quiero que conduzcas por mí? Las copas de vino que me tomo, déjeme que las tome tranquilamente; no pongo en riesgo a nadie"
09/05/2007 Ana Botella dixo: "Mi marido 'nunca bebe más de la cuenta'(...)Sus declaraciones a favor del consumo de vino se sacaron de contexto(...)Lo que mi marido quería decir era simplemente que el vino de Castilla y León es 'estupendo'."
O que tería que facer o seu marido é deixar de saca-la lingua a pacer, que de contexto non se sacou nada. A min deixoume ben claro o que quixo dicir... o que pasa é que cando un ten o ollo ensanguentado soe falar máis do que debera... E, ¿cómo pode falar da liberdade se é o primeiro que renega dela? (guerra de irak, euro, matrimonios homosexuáis, consumo de marihuana,...)
E ahí déixovos os momentos estelares das súas declaracións... (se parece que ata leve un par de copas... de máis...).
(estes vídeos pasóumos nanyta... Graciñas!)
miércoles, 9 de mayo de 2007
-Este é o comezo-
Todos queixámonos de moitas das cousas que se fan no pobo, ou se deixan de facer. Pois dende aquí me gustaría que calquera que teña algo que dicir, o diga, sempre e cando non se falte ó respecto de ninguén.
Eu quero comezar este blog cunha proposta para as vindeiras lexislaturas municipáis: que arranxen o repetidor de Andrade, pois somos moitos os que, no pobo, nin podemos sintonizar o TDT, nin vemos a sexta e, ás veces, tampouco sintonizamos a segunda cadea de TVE.
E así levamos dende fai moitos anos. Por iso creo que é unha boa proposta para os vindeiros gobernantes.
Asina:
Ricardo González