Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

sábado, 17 de noviembre de 2007

-Insistindo co Feirón-

Sigo na miña teima da regulación do Feirón. Isto está a chegar a límites insospeitados.

Suponse que os "top manta" son ilegáis, e, como tal, non deberían vender os seus produtos coma de queixos se tratara (punto 1: non teño nada contra deles; punto 2: os postos de queixos teñen máis trabas para poñer os seus produtos á venda). O que ía decindo, se non o vexo, non o creo: ¡OS "TOP MANTA" PAGAN IGUAL QUE CALQUEIRA POSTO NO FEIRÓN!

Dito isto, é lóxico que diga que no Concello están a defraudar, xa que están a sacar beneficio dunha venda ilegal, e que non digan que non saben nada (como Gallardón), porque saberen saben, o que pasa e que é máis fácil mirar pra outro lado e seguir camiñando coma se nada.

A miña reflexión é que se neste pobo os "top manta" son legáis... ¡os que venden farlopa, non che digo nada!

¡REGULACIÓN DO FEIRÓN XA!


P.D.: E aproveito tamén para, xa non pedir, senon EXIXIR o arranxo ou o que teñan que facer co repetidor do Castelo, xa que na meirande parte do casco urbán nin sabemos o que é a Sexta.

... E, ¿pra cando o arranxo das rúas do casco?, ¿ata que se mate alguén?... En fin... Nin goberno novo, nin goberno antigo...

5 comentarios:

Eumes dijo...

Nunca dubidei da túa palabra polo que non teño porqué facelo agora, pero o que estás a publicar é moi grave por non decir denunciábel, polo que espero teñas probas do que estás a decir.
Unha aperta e noraboa por o post.

Anónimo dijo...

Non abonda con dicir que non se é xenófobo, hai que demostralo. E ti dende logo non o fas. A túa teima cos negros do feirón empeza a rultar sospeitosa. Pensa que toda venda nun feirón é ilegal por natureza, outra cousa é que sexa permitida. Porque, cres que os que venden pan teñen pèrmiso de Sanidade para facelo? Os que venden zapatos cotizan á Seguridade Social ou pagan os impostos a Facenda? Alguynha vez recibiches factura ou tickte de compra polas adquisicións? Entón por que nomear só aos vendedorse africanos como os únicos que están na ilegalidade?

Anónimo dijo...

¿e é legal vender falsificacións de marcas de roupa como se fixo no feirón desde sempre? non sei que che fixeron os negros, vaia...

Richi dijo...

Sómentes decirlle a eumés que só digo o que vin e, a ánonimo, non estou a criticar ós negros, estou a criticar ó Concello por aproveitarse e facer un cobro, de entre outros moitos, ilegal.

Xa no post anterior, dixen que moitos dos postos que están a vender no feirón non teñen nin licencia... De mobles mellor non falamos.

Eumes dijo...

Espero non che pareza mal, pero quixen comprobalo por min mesmo e somentes poiden sacar unha foto, eso si moi expresiva e o resto da información baseeime en tí. Unha aperta.