Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

sábado, 14 de julio de 2007

-A pantasma esvaeceuse: ¡hai festas!-


Pois, sí, é verdade: hai festas, e argalladas polo concello. Agora o único que temos que facer os veciños (que dubídoo moito) é aportar a nosa esmola (por esmola non quero dicir 1 simbólico euro) para que as festas segan a ser unha referente na bisbarra.

Ó mellor non saen o ben que poderían sair se levaran todo o ano a argallalas, mais un paso é un paso e, pra ó vindeiro ano sairán mellor (ou iso esperamos).

Dende aquí anímovos a tódolos veciños a participar polo ben das Peras (hosteleiros e tendas de comestibles sobre todo). Eu xa aportei a miña esmola.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

quen dixo que vai haber festas podes explicalo?

Richi dijo...

A min hoxe viñeronme a pedir para as festas das Peras. Exactamente veu Juan, o que está en Servicios Sociáis na oficina de cultura, e explicoume un pouco o que pasaba.

Eumes dijo...

Teñes toda a razón, pois este ano saian ben ou mal estase a notar un cambio na forma de pensar e traballar dende o concello, o que redundará en vindeiros anos no crecemento e melloría das Festas que se celebren no pobo.
Unha aperta.

Nolo dijo...

Esperemos que con estes cambios pouco a pouco fagamos que Pontedeume volva a tempos anteriores onde se vían moreas de xente polas nosas rúas.

Anónimo dijo...

menos mal que contamos con los momaros y los cabezudos,con un palo y algo de sebo, con un muñeco suidida, con unas "peras" enormes, y con un rio por donde subir....
los demas artificios sobran.
ahora, el dia que los momaros se cansen.....se planten y digan que pasan, y que salgan los ediles a bailar ya veremos que pasa.

cigarrillo & caña

Anónimo dijo...

totalmente de acordo, as festas das peras xa teñen unha personalidade grande de abondo como para converterse elas soas nun reclamo para a xente, polo que se trata máis de non restar que de sumar para que sigan a ser atractivas. Ogallá fagan algo bon con elas.