Dende este recuncho no que escribo, parei a pensar: ¿por qué tódolos concellos teñen unha concellería (ou similar) que leva as festas patronais e Pontedeume non?
A falta de dous meses escasos para o inicio das festas das Peras, índa ninguén no pobo puido decirme se algún veciño ía encargarse de argallar as festas.
Dende hai moitos anos vivimos así. Chega o verán e ninguén sabe se van haber festas ou non. ¿Por qué os veciños teñen que levar a iniciativa de algo que atañe ó concello?
Non me extraña que ningúen as queira argallar. Ano sí e ano tamén, os veciños danlle as costas ós que desexan facer algo polo pobo. Entre o recelo e a desconfianza do pobo é imposible traballar. ¿Acaso non disfrutamos todos das festas? Entón, por qué non apoialas e, a pouco que cada un poña de seu, ían ser unhas festas colloudas... Pero xa se sabe, neste pobo cada quen mira polo seu, e se pode fastidiar ó veciño, máis contento todavía... UNHA PENA.
Dende eiquí pídolle ó concello que faga algo pra solucionar esta "catástrofe" festiva, e ós veciños, que deixen de mirar menos polo que fan ós da porta de enfrente.
jueves, 12 de julio de 2007
-Outro ano de festa fantasma-
Publicado por
Richi
en
11:53
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Teñes toda a razón e o meu apoio.
O tomar parte nunha comisión de festas é un dos traballos mais ingratos e peor vistos xa que por moi ben que traballes e o fagas, sempre haberá quen diga que canto te embolsaches.
Falo por experiencia xa que tomei parte por dous anos consecutivos na comisión de festas donde vive miña nai, hai de esto 12 anos, e ainda se recordan eses anos como os mellores, pero tamén houbo quen dixo que gañáramos moitos cartos.
Unha mágoa, pero vexote moi encamiñado, pois o concello debería facerse cargo das mesmas por o ben do pobo, xa que aquí non somos como pobos que nos rodean como poden ser Centroña ou Boebre que a pesares de ser poucos veciños terán unhas festas de primeira.
Unha aperta.
Pois eu estou totalmente en desacordo con as vosas opinións.
O Concello debería ser un fiscalizador e un axudante para a preparación das festas patronais, pero as deberían organizar sempre os colectivos empresariais que son os que verdadeiramente gañan a pasta.
O Concello podería prestar a sua colaboura, poñer a disposición da organización en todo o que esta necesitase. Eu non vexo normal que os bares que triplican os seus horarios non se sintan obrigados a financialas e correr con unhos gastos que se lles devolverán con creces.
Dis que nas parroquias se fan boas festas, eu creo que é precisamente prque as organizan colectivos de ciudadáns e se financian desde os propios veciños.
No pobo a xente gasta nos bares, nas carnicerías e nos mercados para celebrar as festas cos familiares, ademáis leva aos nenos a "os cochitos", á verbena , para nos toldos, etc etc, e paga polo libro aportando unha parte importante do costo da organización desta semana. mentras os bares fanse os locos como si non fose con eles(supoño que haberá algúns que se escapen de esta queima).
A miña idea sería que abonasen unha cuota mensual todos os negocios do pobo, e as cuotas serían diferentes dependendo do horario . E aos bares que incumplisen ou se negasen a abonar esta cuota lles obligaría a cerrar nos horarios normais, negándolle o benefio que din non ter por estos días.
Teño que decirvos que este ano o concello SI que se implica nas festas.Todo o goberno está colaborando na sua organizaciòn e xestión e por eso penso que tamén o resto do pobo e,especialmente os hosteleiros,deberìan aportar a sua pinguiña de area colaborando economicamente para que de verdade podànse facer unhas festas das boas.O concello està aberto e è totalmente receptivo a calqueira idea,axuda,colaboración ou xuxerencia,tanto para as nosas festas coma para calquer tipo de acto que se poida dar o longo do ano.
Paréceme estupendo que por fin o concello se molle nas festas... pero, ¿cómo é que a día de hoxe seña a primeira nova que teño o respeto?... É igual, polo menos xa sabemos que vai haber festas.
Por outro lado, sí, por suposto que os que máis gañan son os hosteleiros e tendas de comestibles, pero, por desgracia, son os que máis se queixan, e sei por moitas fontes que, os que máis gañan son os que menos dan.
En fin, neste pobo ou se da todo feito ou nada, e índa así, haberá queixas.
As festas as leva o Concello este ano, a min tamén me chegou esa nova.
Saudos richi, noraboa polo blog
eu estou de acordo cun post que hai mais arriba, que di que as festas as teñen que levar os hostaleiros. É verdade que as disfrutamos todos pero aquí os que gañan diñeiro son eles. E non só deberían implicarse nas festas si non tamén no resto de fins de semana do ano porque noso pobo está desértico...
Publicar un comentario