Ó final gañan todos. Coma sempre.
A iso das 22:10 daba comezo o 1º combate na categoría "gallo" entre o púxil a renovar o título, Sapataiser, e o púxil que opta ó título, Dajoy.
¡... e da comezo o combate! Na dedeita Mr. Dajoy, na esquerda BambiSapataiser. Dajoy mete un gancho de dereitas que "se papa" Sapataiser. Sapataiser contraataca cun revés de esquerdas...
... E así todo o debate. ¿Quen gañou?: a audiencia que tiveron os canles que retrasmitiron o circo. Pero xa se sabe: para os do PP, Dajoy meteulle un gol; para os do PSOE, Sapataiser vence e convence. Eu gañei unha dor de cabeza e fíxenme o membro viril un lío, xa que non sei que é o que queren ofertarnos de cara á próxima lexislatura.
P.D.: ¿Para que fan mítines?, se ó 99% dos que van son afiliados ou votantes do partido que o celebra? Eu que cría de toda a vida que os mítines eran para explicar ós cidadáns o que pretenden facer... e o único que fan e criticar ó veciño (deso sabemos todos). En fin, outro ano máis en branco, como a política mesma.
martes, 26 de febrero de 2008
-¿Debate?-
lunes, 25 de febrero de 2008
-1º Concuros de Monólogos-
O vindeiro martes, 19 de marzo, terá lugar o Primeiro Concurso de Monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista convidado a Suso Lista.
Antes do concurso haberá unha "mejillonada" a partires das 20:00 h.
As bases do concurso son as seguintes:
1º Poderán presentarse todas aquelas persoas que o desexen.
2º O tema será libre, sempre e cando sexa cómico, e o guión poderá ser orixinal ou unha adaptación.
3º Os monólogos non poderán ter unha duración inferior a 10 minutos nin superior aos 15 minutos.
4º A inscripción será no bar O Abrevadeiro (praza da Calzada), ou enviando un e-mail a: pontedamusica@hotmail.com, ou chamando ao teléfono
5º O prazo de inscripción remata o 17 de marzo.
6º Un xurado asinado pola asociación, decidirá quenes son os gañadores.
7º O acto terá lugar o mércores 19 de marzo na Praza da Calzada (Pontedeume).
sábado, 23 de febrero de 2008
-Xa estamos de campaña-
Segundo o dito onte polo candidato do PP, don Madiano, "al PP le pueden votar quienes se sienten liberales y quienes se sienten socialistas"... (e os nacionalistas, e os comunistas, e mesmo tamén os que perderon a guerra); "se le puede votar sin distinción de sexo, edad, creencia, raza o ideología; a cambio del voto de esos sectores, prometo los mismos derechos, obligaciones y oportunidades" (pois que comenze a revisar os estatutos do seu partido, porque, que eu sepa, no PP só cabe a relixión católica e a familia tradicional... o de a ideoloxía o ímos deixar aparte, ¿ou non?).
Segundo o dito onte polo candidato do PSOE, don Sapataiser, "tengo muchas ganas de que llegue la alta velocidad a León, El Bierzo y Galicia" (só lle digo, que xa o dixo na anterior lexislatura, e índa temos trenes de vapor, máis os que nos "doan" as comunidades que xa teñen trenes de alta velocidade. Vamos, tecnoloxía punta); "se tomarán medidas para impedir el garrafón en los botellones y se repartirán condones gratis o más baratos" (eu creo que @s botelloeir@s non serán tan tontos como para mercar o güiski de garrafón, ¿ou sí?... E fai gracia o de repartir condóns gratis: ¡ale!, ¡Sodoma y Gomorra! Quen quera condóns gratis, os ten dende fai anos en planificación familiar).
Segundo o dito polo candidato do BNG, don Quintana, "no BNG pedimos o voto útil" (cada quen saberá o útil que pode ser o seu voto, vote a quen vote); "cando hai que parar ao PP, chaman ao especialista: o BNG" (sic superQuin).
Cambiando de tercio, o PSDGa eumés, insta ó concello a esixir a iluminación da nacional 651 en Andrade (o tramo que vai dende Campolongo a Viadeiro)... ¿E por qué non o fixeron eles cando estaban no goberno?... e diso non fai un ano...
viernes, 22 de febrero de 2008
-A comida de orella-
Pasou o entroido, comimos orella e agora nos toca que nola coman a nós. Comezou o segundo entroido en menos dun mes.
Xa me tardaba que dera comezo a campaña electoral (máis me tarda que remate). Neste pobo, alomenos, o que non conseguiron os de UCOA en dous meses, o acadaron Dajoi e Sapataiser nunha noite. ¡Por fin retiraron os pendóns de UCOA felicitandonolas festas do nadal! (Xa nolo comentaron en S.O.S. Pontedeume ¡denuncia!)
P.D.: ¿Por qué non haberá eleccións tódolos anos?... polo menos os días previos, tódolos políticos están receptivos... É unha mágoa.
jueves, 21 de febrero de 2008
-O panfleto do Sr. García Sande-
Case que me caen a bágoas cando lin o panfleto que, seguindo a estrataxema do COE (léase nocturnidade e alevosia), deixounos o sr. García Sande en réplica do panfleto deixado con anterioridade polo COE.
Ímos desmenuzar algún dos párrafos no panfleto escritos...
-Dos son los grandes problemas del C.O.E.; que realmente no llegó nunca a ser un partido y que no tienen un plan, unas directrices asumidas por todos para llegar a alcanzar sus objetivos.
A estas alturas, xa sabemos que o do COE non é máis que un grupo de veciños cabreados coa situación do Concello e que de política saben coma o que máis, cando tomas unhas copas no bar (outros adicámonos a "raxar" nos blogs). É moi fácil decir que isto non vai ou que aquelo non está ben. O complicado é amañalo. Eles o deben saber, dempóis de duas lexislaturas.
-Votar cualquier lista en la que Filgueiras tenga un puesto relevante es tirar el voto.
...E diso deuse conta dempóis de tantos anos... (quero aclararlle que "votar cualquier lista en la que Filgueiras...", é unha "descalificación y ataque permanente", cousa que dixo non ía facer).
-En unos días presentaré mi renuncia a todos los cargos del C.O.E., incluida la portavocía, conmigo presentarán dimisión más personas. Pero no es nuestro deseo abandonar, nos esforzaremos por integrarnos en otro proyecto, yo con mi concejalía, porque estar arropado por un equipo y tener claro cuál es el objetivo es indispensable si se quieren lograr coasas, y nosotros deseamos lograr cosas.
Íso dame a entender que non renuncia a todo... a concellería non debe ser un cargo. Supoño que pasará a engrosar as listas de Terra Galega, coma din os ruxe ruxe por todo o pobo, co seu cargo de concelleiro (recordemos que TG non acadou ningún concelleiro).
-El gran argumento del último Boletín Extraordinario del C.O.E. es "mi sueldo".
Quen xoga có lume acaba queimándose... Tanto falar dos soldos do anterior goberno acabou por poñer ó COE entre a espada e a parede, e agora é boneco roto.
Todos sabemos que un traballador ten que ter un soldo digno (non desorbitado coma o anterior goberno).
Pois nada, a seguires mandando panfletos. Namentres o Concello, que siga manga por hombro.
sábado, 26 de enero de 2008
-¡Cabreo feiral!-
Empezo a estar un pouco máis cabreado, se cabe, como comerciante deste pobo, ante a pachorra do Concello respeto ó feirón.
Hoxe levanteime cun sorriso o ve-lo sol pola fiestra... ata que espertei de todo e dinme conta da situación: é sábado... ¡a ver o que me espera hoxe!
Nada, só atopei un tenderete de roupa diante da miña porta... e outros tantos diante das portas dos demáis negocios que se atopan ó meu carón.
Saín para falar cos donos dos postos, pero non atopei a ninguén rexentando os negocios, co que non puiden darlles a miña "noraboa" por atoperes un sitio valeiro para eles (sarcásticamente falando). De súpeto pasou por diante do meu negocio un membro da diretiva de UCOA; parou en seco e abriu os ollos coma pratos ante o que estaba a ver. Preguntoume se xa falara co traballador do concello encargado da distribución dos tenderetes, máis non o vin pasar no cuarto de hora que levo aberto.
-"Non pasa nada, xa o chamo eu, que teño o seu número, e lle digo que pase por ahí", díxome este membro da diretiva de UCOA.
Dito e feito. Pasaron uns intres e apareceu o traballador do concello para decirlles que ahí non podían poñerse, ante o estupor dos donos dos postos, que non entendían por qué non podían poñerse aló, xa que tiñan a licencia de feirantes en regla...
Acabaron por poñerse enfronte, onde non hai ningún negocio, e onden non había ningún tenderete posto. Por suposto, non tardaron dous segundos en poñerse no sito valeirado (léase díante dos negocios) os top manta...
Ata aquí, ben... pero, ¿ata cando teremos que estar a pelexar os donos dos negocios deste pobo, os cales pagamos relixiosamente todos e cantos impostos nos obrigan a pagar? Xa estou farto de sábado sí e sábado tamén, ter que estar a chamar a atención. ¡SE NON HAI SITIO PARA MÁIS, NON LLES DEADES LICENCIA PARA POÑERSE! ¿Tan difícil resulta de entender?
Este feirón estase a parecer a unha patera. Non cabe ningún posto máis pero, como os feirantes pagan, poden vir os que queiran, e máis se poden. ¿Acabarase por afundir este barco feiral?
Nada, nada. O vindeiro sábado vou convidar ós feirantes a que poñan ós seus postos dentro do meu negocio.
Espero que fora o suficientemente sarcástico. Se aínda non o fun, xa o serei: ¡o cabreo acumúlase a moreas!
¡REGULACIÓN DO FEIRÓN XA XA XA!
domingo, 20 de enero de 2008
-A supervivencia-
Xa sei que non ten nada que ver có pobo, pero este video é ¡impresionante! ¡As sorpresas que ten a supervivencia!
