Ponte de madeira (1863)

Ponte de madeira (1863)

sábado, 22 de marzo de 2008

-Colaboura de María Fidalgo sobor Abelardo Miguel-

Este mes confirmáronme que leo a tese de doutoramento do pintor eumés en Xuño...na Universidade de Sevilla.

Fai máis de catro anos que rematei os meus estudos de doutoramento, mais faltábame a tese e quixe facela do pintor, mais os catedráticos de Coruña e Santiago, negáronse argumentando que o pintor, por establecerse en Pontedeume e non frecuentar os círculos artísticos, non tivo repercusión... e sen repercusión non hai tese, e instáronme a que a fixera doutro tema, mais pra min xa sabedes que converteuse en algo persoal, e busquei e busquei...

Por fin, este mes, o Departamento de Historia da Arte da Universidade de Sevilla, convocoume a unha reunión para que explicara a velenza do pintor. Ante a miña exposición consideraron unánimemente que poucas veces viran unha pintura tan identitaria, cun estilo tan singular e marcado por unha identidade de nazón, o meu director e o prestixioso catedrático, Palomero Páramo.

É certo o dito "naide é profeta na súa terra", é unha pena que teña que ser fora de Galicia onde o recoñezan.

Por certo, estiven fai pouco tempo en Malpica... o pintor Lugrís non era dalá, só pasou alá unha tempada pintando a Casa do Mar (encargo que se lle fixo a Abelardo e o permutou ca Casa de Pontedeume)... e ten o seu nome por tódolos sitios (nome do instituto, avenida, páxina web...) igualiño que en Pontedeume con Abelardo.

Cedo, no prox num da revista Ardentía (a revista das cofrarías de pesca) podedes ver un artigo dos mariñeiros do pintor e, na Revista Galega de Historia Murguía, unha das máis prestixiosas de
Historia, un moi longo artigo do pintor de máis de 20 páxinas.

Grazas. María Fidalgo Casares.

martes, 18 de marzo de 2008

-Mañá concurso de monólogos-

Mañá, 19 de marzo, terá lugar na Praza da Calzada o Primeiro Concurso de Monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista convidado a Suso Lista.Para este primeiro certame preséntanse 8 monologuistas, dos cales, os 3 primeiros, serán premiados con 150, 100 e 50 €, segundo o criterio do xurado, que estará formado por Suso Lista, Marcos e Fernando Carrera.

Antes do concurso haberá unha "mejillonada" a partires das 20:00 h., e o concurso está previsto que comeze a partires das 22:00h

¡Vémonos na Praza da Calzada!

domingo, 9 de marzo de 2008

-O voto ¿útil?-

Dempois de unha hora longa de parrafada defendéndome o voto útil, cheguei a conclusión á que xa cheguei fai moitos anos: voto util: voto inutil.

Eu o que penso é que, as ideoloxias de cada un son as verdadeiras. Eu son incapaz de iren votar a un partido no cal non me sinto identificado... pero hai quen sí.

Se tí és do partido V, pero non queres que saia o partido W, e votas polo partido Y (ainda que as suas ideoloxías non señan as túas)... Iso vai ser un voto INÚTIL. Así imos.

Non só existen o PSOE e o PP; se tí es de dereitas, vas votar polo PP, porque poucos máis hai; pero si tí es de esquerdas.... tes unha lista bastante ampla pra votar. ¿Por qué vas votar polo PSOE?, ¿para que non saia o PP? NON O ENTENDO.

Eu son APOLÍTICO. Non sei se xa o dixen nalgún "post" anterior. O que sí sei, é que teño unhas ideoloxias e ben sei ó que votar. Con isto non estou a decir que tí (@ lector/@), non teña nin máis nin menos razón. O que quero dicir, é que xa estou farto do voto útil, que, ó fin e ó cabo é inútil. ¡Non se pode votar a un partido pra que non saia o outro! Hai que votar con senso.

Insisto, aparte do PP e do PSOE, existen máis partidos políticos (haberá algún que esté pensando no BNG: EXISTEN MÁIS). Eu teño a miña opinión ben definida (índa que algún@s pensen que non), e seica non vou votar polo que me impoñan, se non polo que sinto.

VOTO ÚTIL: VOTO IDEOLÓXICO (non voto pra foder) PUNTO Y APARTE.

P.D.: se hai algún faio na escritura é por culpa do alcohol, que a istas horas é traicionero. Hoxe voto, índa que non me vaia servir pra nada.

martes, 4 de marzo de 2008

-Segundo asalto ó rancho de La Moncloa-

Xa me tiñan preocupado os do PP e os do PSOE, xa que nos seus blogs eumeses non vira ningún comentario sobor do "debate" de onte. Por suposto, gañaron os dous (na miña casa a iso se lle chama empate).

Por unha parte, os do PSdeG Pontedeume, din que Sapataiser deulle un segundo e definitivo K.O. a Mariano Rajoy; pola outra, os de NNGG do PP de Pontedeume, dinnos que opinemos nós pero, lóxicamente logo din que gañou Rajoydi (¿non hai unha lei que prohíbe mendigar cos menores de idade? -por se alguén non se enterou, estou a falar da meniña de "ensono" de Rajoydi-).

O vindeiro domingo xa nos dirán quen gaña, porque eu non o vexo tan claro: SEICA EXISTEN MÁIS PARTIDOS QUE SE PRESENTAN ÁS ELECCIÓNS... (pero non llo digades a eses dous, que segan no seu mundo de guerras, terrorismo,..., en resumo: na desidia).