O pasado xoves, o ruxe ruxe do pobo, foi a colocación dunha bandeira española de considerable tamaño todo ó longo do balcón do concello. A uns poucos pareceulles estupenda a idea, a outros moitos non.
"Somos españoles y tenemos que estar orgullosos de la patria. El día 12 todos a la calle a demostrar que defendemos nuestra bandera".
Máis ou menos isto é o que nos viña a decir durante toda a semana o traballador do goberno que non chega a fin de mes: o Sr. Rajoy (ou dajoy). O resultado xa se viu. Só faltou a presenza do xeneralísimo e os polos nas bandeiras. Unha mágoa. Vinte anos de democracia vertidos polo retrete... ou iso quixeran algúns morriñentos da represión.
Manifestacións que rozaron o fascismo (algunhas non o rozaron, se non que o foron -fuerza nueva, falange-). Non entendo que nestos días de democracia, no que temos dereito a opinar sen seren reprendidos, haxa quen queira voltar ós toques de queda, ó silenzo, á escuridade.
O que me parece triste é que se loite por unha bandeira. Somos poucos, pero algún hai, que renegamos delas. Só traen odios e rencores.
Hoxe xoga a selección española de fútbol, e eu vou contra dela. Por ese feito, son un traidor.
Cando xoga a seleción galega de fútbol, tamén vou contra dela. Tamén son un traidor...
...Eu prefiro chamarme renegado. Ninguén vaime impoñer unha bandeira, a non ser que haxa outra represión... e índa así habería que velo.
Este post, vouno asinar coma un eumés ó que lle impoñen ser galego, español e europeo.
sábado, 13 de octubre de 2007
-¿Qué din os rumorosos?-
sábado, 6 de octubre de 2007
-O pibote malferido-
Esta imaxe,
pertence ó recente momento do atropelo dun pibote situado diante dos Servicios Sociáis, mentras cumpría co seu traballo: o impedimento de que ninguén pase por alí.
O desgraciado do pibote, foi literalmente arrolado e arrastrado debaixo dun coche de protección civil dende a raia branca ata o seu destiño final (non podo especificar se eran proteccion civil de pontedeume ou da ponte palá, xa que non me deu tempo de velo).
Este é o resultado no que quedou o malferido...
E eu pregúntome coa nova lei de tráfico na man: ¿haberá pena de cárcere para eses malfeitores que atropelaron e deixaron á súa sorte a este "traballador" do concello?
En fin, seguramente xa non estará no mesmo sitio, pois impedía a saída de varios coches que alí había aparcados.
Hoxe o levarán de parranda os do botellón dos almacéns, seguro. Verémolo de troula polo pobo (e esperemos que recuperado do "percance").