O vindeiro venres 8 de abril, a partires das 22:30h, o grupo eumés Brainstorming, actuará na Casa Okupa da estación de Pontedeume. A entrada custará 4 € e haberá pinchos de chourizo ó viño de valde, ademáis do agasallo dun disco vinilo dun grupo vinculado á Fonográfica pola merca dunha entrada."La fonográfica general" creouse en Ferrol fai uns anos, e funcionou tan ben que se exportou a Xixón, Madrid, Mallorca, Barcelona, Valencia e Compostela, sendo Pontedeume o derradeiro sitio (polo de agora) no que tamén se leva a cabo.


